Diferenzas entre revisións de «Alcalófilo»

==Usos e investigacións futuras==
 
Os alcalófilos prometen varios usos interesantes en [[biotecnoloxía]] e futuras investigacións. Os métodos alcalófilos de regular o pH e producir ATP son interesantes para a comunidade científica. Porén, quizais a maior área de interese dos alcalófilos son algúns dos seus encimas: [[proteases]] alcalinas; encimas que degradan o [[amidón]]; [[celulase]]s; [[lipase]]s; xilanases; pectinases; quitinases e os seus [[metabolito]]s, como: 2-fenilamina; [[carotenoide]]s; [[sideróforo]]s; derivados do [[ácido cólico]] e [[ácido orgánico|ácidos orgánicos]]. Espérase que futuras investigacións nos encimas alcalófilos permitirán utilizalos en condicións básicas.<ref>Higashibata, Akira, Taketomo Fujiwara, and Yoshihiro Fukumori. "Studies on the Respiratory System in Alkaliphilic Bacillus; a Proposed New Respiratory System." Extremophiles 2 (1998): 83-92. Print.</ref> As investigacións que tratan de descubrir [[antibiótico]]s producidos por alcalófilos tiveron algún éxito, pero non se desenvolveron porque algúns produtos a altos pHs son inestables e non se poden usar a pHs fisiolóxicos.<ref> name=Horikoshi, Koki. "Alkaliphiles: Some Applications of Their Products for Biotechnology." Microbiology and Molecular Biology Reviews 63.4 (1999): 735-50. Print.</ref>
 
==Exemplos==
190.959

edicións