Diferenzas entre revisións de «Alcalófilo»

==Diferenzas na produción de ATP en alcalífilos==
 
Ademais do método do transporte de protóns mencionado antes, crese que o método xeral de [[respiración celular]] é diferente nos alcalófilos obrigados que nos neutrófilos. En xeral, a produción de [[adenosín trifosfato|ATP]] funciona estabilizando un gradiente de protóns (maior concentración de H<sup>+</sup> fóra da membrana) e un potencial eléctrico transmembrana (con carga posiiva fóra da membrana). Porén, como os alcalófilos teñen un gradiente de pH invertido, parecería que a produción de ATP, que está baseada nunha potente forza protón motriz, quedaría gravemente reducida. Porén, o verdadeiro é o contrario. Propúxose que aínda que o gradiente de pH foi invertido, o potencial eléctrico transmembrana é moi incrementado. Este incremento na carga causa a produción de maiores cantidades de ATP por cada protón translocado cando pasa por unha [[ATPase]].<ref>Higashibata, Akira, Taketomo Fujiwara, and Yoshihiro Fukumori. "Studies on the Respiratory System in Alkaliphilic Bacillus; a Proposed New Respiratory System." Extremophiles 2 (1998): 83-92. Print.</ref><ref>Hirabayashi, Toshikazu, Toshitaka Goto, Hajime Morimoto, Kazuaki Yoshimune, Hidetoshi Matsuyama, and Isao Yumoto. "Relationship between Rates of Respiratory Proton Extrusion and ATP Synthesis in Obligately Alkaliphilic Bacillus Clarkii DSM 8720T." J Bioenerg Biomembr 44 (2012): 265-72. Print.</ref> As investigacións nesta área continúan.
 
==Usos e investigacións futuras==
191.051

edicións