Cerebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "en:Brain" é un artigo bo
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 75:
Tres grupos de animais, con algunhas excepcións, teñen cerebros notablemente complexos: os [[artrópodo]]s (por exemplo, os [[insecto]]s e os [[crustáceo]]s), os [[cefalópodo]]s ([[polbo]]s, [[lura]]s e [[molusco]]s similares) e os [[craniata|craniados]] ([[vertebrado]]s principalmente). O cerebro dos artrópodos e os cefalópodos xorde desde un par de [[nervio]]s paralelos que se estenden ao longo do corpo do animal. O cerebro dos artrópodos ten grandes ''[[lobo óptico|lobos ópticos]]'' por detrás de cada [[ollo]] para o procesado [[visión|visual]] e un cerebro central con tres divisións.
 
O cerebro dos craniados desenvólvese desde a sección anterior dun único [[tubo nervioso]] dorsal, que máis tarde se converte na [[medula espiñal]]. Os craniados teñen o cerebro protexido polos ósos do cranio. Os vertebrados caracterízanse polo aumento da [[Complexidade biolóxica|complexidade]] do [[córtex cerebral]] a medida que se sobe pola [[árbore [[filoxénese|filoxenética]] e [[Evolución biolóxica|evolutiva]]. O gran número de circonvolucións que aparecen no cerebro dos [[mamífero]]s é característico de animais con cerebros avanzados. Estas circonvolucións xurdiron da evolución para proporcionar máis área superficial ao cerebro: o volume mantense constante á vez que aumenta o número de [[neurona]]s. Por iso, é a superficie, e non o volume (absoluto nin relativo), o que condiciona o nivel de intelixencia dunha especie. Este é un erro moi común que debe ser tido en conta.
 
=== O cerebro en medicina ===