Anxiospermas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 79:
A póla á que se chamou Magnoliidae divídese a súa vez en dúas [[póla]]s irmás, un que reúne ós [[Piperales]] cos [[Canellales]] (Canellaceae e Winteraceae), e outro que reúne ós [[Laurales]] cos [[Magnoliales]]. Estes dous clados, e estas 4 ordes das que están compostos, foron consensuados como monofiléticos.
 
O [[APG|Angiosperm Phylogeny Group]] ([[APG|A.P.G.]]) reuniu a información molecular e xenética que se acumulara nos últimos anos sobre a filoxenia de magnoliófitas, e con isto creouse unha primeira árbore taxonómica no 1998, e unha segunda árbore taxonómica no 2003. Pódese dicir que este foi o primeiro intento de converter en taxóns os avances en filoxenia. Como novidade pódese remarcar que na árbore do 2003 se evitou empregar a nomenclatura taxonómica clásica por riba da orde, e os taxóns superiores a orde foron chamados con nomes "informais". En xeral a árbore do 2003 (coñecida como '''APG II''') é ben aceptada pola comunidade científica, aínda que só uns puntos del fican consensuados por todos os traballos cladísticos até data de hoxe (ver por exemplo Qiu ''et al.'' 2005<ref name="Qiu et al. 2005">Qiu ''et al''. 2005. "Phylogenetic Analyses of Basal Angiosperms Based on Nine Plastid, Mitochondrial, and Nuclear Genes". ''International Journal of Plant Sciences'', 166, 815–842. (resumo [http://www.journals.uchicago.edu/cgi-bin/resolve?id=doi:10.1086/431800&erFrom=4437965372905617764Guest aquí] )</ref>), e hai que ter en conta que aínda non está determinado a [[árbore filoxenética]] (e polo tanto tampouco a taxonómica) definitiva.
 
En resumo, unha árbore filoxenética consensuada até data de hoxe sería así: