Plano piloto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 4:
O proxecto consistiu, basicamente, nun eixo central (chamado popularmente Eixão ou Eixo Rodoviario) no sentido norte-sur; e un Eixo Monumental, no sentido leste-oeste. A creación arquitectónica dos monumentos centrais foi deseñada por [[Oscar Niemeyer]]. O Eixo Rodoviario está formado polas Asa Norte e Asa Sul, e por unha parte central, onde se encontran as "asas" formando a estación de autobuses ou rodoviária. Nas "asas" creáronse as supercuadras residenciais, as cuadras comerciais e as entre-cuadras de lecer (onde tamén hai escolas e igrexas). O Eixo Monumental componse da Esplanada dos Ministerios e da Praza dos Tres Poderes, ao leste; da estación de autobuses, sectores de autarquías, comerciais, lecer e hoteleiros, no centro; e da Torre de TV de Brasilia, do sector deportivo, estadio Mané Garrincha, autódromo e Praza Burití, ao oeste.
 
O nome de Plano Piloto, orixinariamente atribuído ao proxecto urbanístico da cidade, pasou a ser o nome para designar toda a área construída segundo este plano inicial. Hoxe, o Plano Piloto e o Parque Nacional de Brasilia constitúen a chamada Rexión Administrativa I (Brasilia), denominada comunmente como [[Brasilia]]<ref>[http://web.archive.org/web/20050729090401/http://www.geocities.com/TheTropics/3416/brasilia.htm O que é "Brasília" e o que é "Distrito Federal"?]</ref>.
 
O Plano Piloto, denominado como Brasilia, é Patrimonio Mundial da Humanidade dende 1987<ref>[http://whc.unesco.org/en/list/445]</ref>.