Arjen Robben: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 95:
 
Foi o home máis destacado do equipo no seu debut na [[Fussball-Bundesliga|Bundesliga]], o 29 de agosto, anotando dous do tres goles con que o seu equipo venceu ao [[VfL Wolfsburg]], a pesar de xogar só 45 minutos. O 30 de setembro lesionouse durante o partido contra a [[Juventus de Turín|Juventus]], correspondente á fase de grupos da [[Liga de Campións da UEFA 2009-10|Liga de Campións]], sufrindo unha inflamación de xeonllo que lle mantivo unhas semanas fóra dos terreos de xogo. Volveu o 24 de outubro para xogar 30 minutos e anotar un gol ante o [[Eintracht Frankfurt]] na xornada 10, e repetiu gol na 17 ante o [[Hertha BSC Berlin]] e consecutivamente ante o [[Werder Bremen]], [[1. FSV Mainz 05]], [[VfL Wolfsburg]] e [[Borussia Dortmund]].
[[Ficheiro:RobbenFinale12.jpg|miniatura|esquerda|Robben na final da Champions League 2012.]]
 
Outra vez na Liga de Campións, o 3 de novembro, disputou o partido ante o [[FC Girondins de Bordeaux|Girondins de Bordeos]] que perderon por 0 a 2, aínda que se clasificaron tras derrotar á Juventus no partido decisivo. Nos oitavos de final disputou ambos os partidos ante a [[Associazione Calcio Firenze Fiorentina|ACF Fiorentina]] e anotou nos dous encontros, clasificando ao seu equipo para a seguinte rolda. O 10 de febreiro anotou un gol na vitoria por 6 a 2 na Copa de Alemaña ante o [[SpVgg Greuther Fürth]] e outro nas semifinais ante o [[FC Schalke 04|Schalke 04]]. O 13 de marzo dous goles seus supuxeron a remontada por 2-1 fronte ao [[SC Freiburg]] na Bundesliga. Na volta dos cuartos de final da Liga de Campións ante o [[Manchester United Football Club|Manchester United]], o 7 de abril, anotou coa perna esquerda o 3 a 2 que clasificaba ao seu equipo para as semifinais tras un global de 4 a 4. O 21 de abril na ida da semifinal, ante o [[Olympique de Lyon|Olympique Lyonnais]], marcou o único gol do partido, desde 25 metros e na volta gañaron 3-0 para pasar á final. O 1 de maio consagrouse campión da Bundesliga, a falta dun partido, tras gañar na xornada 33 ao [[VfL Bochum]] por 3-1, e 15 días máis tarde gañou a Copa de Alemaña ante o [[Werder Bremen]] por 4-0, sendo o primeiro gol seu de [[penalti]] no minuto 35. A final da Liga de Campións enfrontoulles ante o [[Inter de Milán]], que tamén gañara en [[Italia]] a [[Serie A|Liga]] e a Copa. O partido disputouse o 22 de maio en [[Madrid]] e dous goles de [[Diego Milito]] deron o título aos italianos que se adxudicaron o seu terceiro título.