Arjen Robben: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 73:
 
=== Chelsea ===
[[Ficheiro:Robbencech.jpg|miniatura|Robben e Čech co título da Premier League en 2006.]]
Non debutou oficialmente co [[Chelsea Football Club|Chelsea]] até novembro de 2004, tras recuperarse dunha fractura no [[Metatarso|metatarsiano]] dereito que sufriu tras recibir unha entrada do centrocampista [[Francia|francés]] [[Olivier Dacourt]] da [[Associazione Sportiva Roma|AS Roma]], nun partido amigábel de pretempada. Xa en activo, marcou consecutivamente ao [[PFC CSKA Moscova|CSKA Moscova]], ao [[Everton Football Club|Everton FC]], onde foi nomeado ''Home do Partido'', ao [[Newcastle United Football Club|Newcastle United]] e ao [[Fulham Football Club|Fulham FC]]. Ese novembro designóuselle ''Xogador do Mes'' da [[Premier League]]. A pesar de perderse gran parte do campionato por atoparse lesionado dunha fractura de dous ósos metatarsianos do pé esquerdo no partido contra o [[Blackburn Rovers Football Club|Blackburn Rovers]] en febreiro de 2005, terminou a campaña con 7 goles, a segunda cantidade máis alta da súa carreira en só 18 partidos. Ademais conquistou a [[Premier League]], a [[Community Shield|FA Community Shield]] e a [[Football League Cup|League Cup]] co club londiniense, mais foron eliminados polo [[Liverpool Football Club|Liverpool FC]] nas semifinais da [[Liga de Campións da UEFA]]. Polo seu rendemento foi considerado entre os candidatos ao Premio PFA ao xogador novo do ano, con todo, foi vencido polo dianteiro [[Wayne Rooney]] do [[Manchester United Football Club|Manchester United]]. Destacou nas súas primeiras tempadas grazas ao sistema de xogo do [[Portugal|portugués]] [[José Mourinho]], adestrador dos ''blues'', que empregaba un esquema 4-3-3, no que tanto Robben como o [[Irlanda|irlandés]] [[Damien Duff]] eran empregados como puntas interiores próximos ao dianteiro centro, o [[Costa do Marfil|marfilés]] [[Didier Drogba]], para aproveitar a amplitude do campo.