Arjen Robben: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 87:
 
No inicio da [[Primeira división española 2008/09|tempada 2008-09]] conquistou a [[Supercopa de España de fútbol|Supercopa]] tras bater no Bernabéu ao [[Valencia Club de Fútbol|Valencia CF]] (4-2, global 6-5). Tras a marcha do [[Brasil|brasileiro]] [[Robinho]] ao [[Manchester City Football Club|Manchester City]] adquiriu máis protagonismo no once de [[Bernd Schuster]]. En decembro de 2008 Schuster foi substituído no banco polo español [[Juande Ramos]], finalizando a tempada con sete goles en 29 partidos, e sendo un dos mellores do equipo. Con todo, neses dous anos fixo un promedio de aproximadamente unha lesión cada cinco xornadas, perdéndose preto do 40% dos partidos. Durante o verán de 2009, especulouse coa súa saída, especialmente tras o desembolso realizado por [[Florentino Pérez]] con [[Kaká]] e [[Cristiano Ronaldo]]. O extremo neerlandés expresou durante a pretemporada o seu desexo de permanecer no equipo, especialmente tras a boa pretempada que estaba a realizar. Porén, e a pesar de que restaban só catro días para o peche do mercado de fichaxes, o Real Madrid decidiu traspasalo ao [[FC Bayern München|Bayern de Múnic]] o [[27 de agosto]] de [[2009]]. O club bávaro confirmou o traspaso nun comunicado oficial, sinalando que asinou un contrato por catro anos e levaría a camiseta co número 10, deixada polo seu compatriota [[Roy Makaay]]. O custo da operación non foi precisado, pero estimouse en 25 millóns de euros. Tras o seu traspaso, [[Jorge Valdano]] explicou que foi Robben o que pediu irse do club para poder acumular máis minutos de xogo, pois o Mundial estaba a tan só un ano e nos partidos só estivera adestrando para xogar uns minutos no segundo tempo.
 
=== Bayern München ===
O 27 de agosto de 2009 chegou a [[Múnic]] para pasar recoñecemento médico e asinar co seu novo club, o FC Bayern. Á súa chegada ao [[Aeroporto de Múnic]] declarou:
{{cita|Aquí síntome benvido. É un club grande cunha gran historia, e estou contento de estar aquí.<ref>{{Cita web|título= Arjen Robben concreta firma con el Bayern Munich|editor= El Universal|url = http://politica.eluniversal.com/2009/08/28/futb_ava_arjen-robben-concret_28A2670087.shtml|dataacceso=8 de xullo de 2014|data=2009|lingua=castelán}}</ref>}}
 
Foi o home máis destacado do equipo no seu debut na [[Fussball-Bundesliga|Bundesliga]], o 29 de agosto, anotando dous do tres goles con que o seu equipo venceu ao [[VfL Wolfsburg]], a pesar de xogar só 45 minutos. O 30 de setembro lesionouse durante o partido contra a [[Juventus de Turín|Juventus]], correspondente á fase de grupos da [[Liga de Campións da UEFA 2009-10|Liga de Campións]], sufrindo unha inflamación de xeonllo que lle mantivo unhas semanas fóra dos terreos de xogo. Volveu o 24 de outubro para xogar 30 minutos e anotar un gol ante o [[Eintracht Frankfurt]] na xornada 10, e repetiu gol na 17 ante o [[Hertha BSC Berlin]] e consecutivamente ante o [[Werder Bremen]], [[1. FSV Mainz 05]], [[VfL Wolfsburg]] e [[Borussia Dortmund]].
 
Outra vez na Liga de Campións, o 3 de novembro, disputou o partido ante o [[FC Girondins de Bordeaux|Girondins de Bordeos]] que perderon por 0 a 2, aínda que se clasificaron tras derrotar á Juventus no partido decisivo. Nos oitavos de final disputou ambos os partidos ante a [[Associazione Calcio Firenze Fiorentina|ACF Fiorentina]] e anotou nos dous encontros, clasificando ao seu equipo para a seguinte rolda. O 10 de febreiro anotou un gol na vitoria por 6 a 2 na Copa de Alemaña ante o [[SpVgg Greuther Fürth]] e outro nas semifinais ante o [[FC Schalke 04|Schalke 04]]. O 13 de marzo dous goles seus supuxeron a remontada por 2-1 fronte ao [[SC Freiburg]] na Bundesliga. Na volta dos cuartos de final da Liga de Campións ante o [[Manchester United Football Club|Manchester United]], o 7 de abril, anotou coa perna esquerda o 3 a 2 que clasificaba ao seu equipo para as semifinais tras un global de 4 a 4. O 21 de abril na ida da semifinal, ante o [[Olympique de Lyon|Olympique Lyonnais]], marcou o único gol do partido, desde 25 metros e na volta gañaron 3-0 para pasar á final. O 1 de maio consagrouse campión da Bundesliga, a falta dun partido, tras gañar na xornada 33 ao [[VfL Bochum]] por 3-1, e 15 días máis tarde gañou a Copa de Alemaña ante o [[Werder Bremen]] por 4-0, sendo o primeiro gol seu de [[penalti]] no minuto 35. A final da Liga de Campións enfrontoulles ante o [[Inter de Milán]], que tamén gañara en [[Italia]] a [[Serie A|Liga]] e a Copa. O partido disputouse o 22 de maio en [[Madrid]] e dous goles de [[Diego Milito]] deron o título aos italianos que se adxudicaron o seu terceiro título.
 
A tempada 2010-11 comezou mal para o xogador despois de que unhas probas médicas confirmasen que o seu tendón non estaba curado correctamente. [[Karl-Heinz Rummenigge]] comentou respecto diso que estaban moi anoxados cos resultados, e que a [[Real Federación de Fútbol dos Países Baixos]] debía compensalos. O 15 de xaneiro de 2011, volveu xogar como substituto no partido que lle enfrontou ao [[VfL Wolfsburg]] e que terminou 1-1. Foi nomeado ao premio ao "Mellor Centrocampista da UEFA Champions League", mais finalmente gañou o recoñecemento o seu compatriota [[Wesley Sneijder]]. Tamén estivo nomeado ao [[FIFA Balón de Ouro]] 2010, ao "FIFPro World XI 2010" e ao "premio FIFA Puskás", ao mellor gol do ano, porén, non gañou ningún deles. Tras completar o seu equipo unha mala tempada na [[Fussball-Bundesliga|Bundesliga]], foron eliminados nos oitavos de final da [[:Liga de Campións da UEFA 2010-11|Liga de Campións]] tras un gol do xogador do [[Inter de Milán]] [[Goran Pandev]] no minuto 88 do encontro de volta.
 
Durante a tempada 2012-13, o xogador logrou gañar a [[Fussball-Bundesliga|Bundesliga]], tendo un moi bo estado de forma, onde anotou 5 goles en 16 partidos xogados. Ademais axudou ao seu equipo a chegar á final da [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] tras gañar ao [[Fútbol Club Barcelona|FC Barcelona]] por un global de 7-0. Na final, o 25 de maio, volveu ser determinante, xa que anotou o gol decisivo aos 89 minutos ante o [[Borussia Dortmund]], conquistando así a súa primeira [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]]. Na camapa 2013-14, con [[Josep Guardiola]], conseguiu gañar os títulos da Bundesliga, DFB-Pokal e [[UEFA Super Cup]].
 
== Notas ==