Arjen Robben: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 82:
 
En agosto de 2007 o [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]] realizou unha oferta conxunta de 40 millóns de [[euros]] ao Chelsea pola fichase de Robben e de Michael Ballack. [[Bernd Schuster]], novo adestrador do equipo de Madrid, declarou abertamente o seu interese por Ballack mentres [[Ramón Calderón]], daquelas presidente do club castelán, prometeu ao neerlandés na súa campaña presidencial. Robben, que non levaba unha boa relación con [[José Mourinho]], declarouse feliz polo interese do club.
 
=== Real Madrid ===
O 22 de agosto de 2007 o [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]] chegou a un acordo co [[Chelsea Football Club|Chelsea]] para fichar ao internacional neerlandés. A operación, taxada en 24 millóns de [[libra esterlina|libras]] (36 millóns de [[euros]]) e cinco anos de contrato, significou a [[Ramón Calderón]], presidente do club castelán, cumprir cunha das súas promesas de campaña. Foi presentado o 24 de agosto, xunto ao defensa [[Arxentina|arxentino]] [[Gabriel Heinze]], ante 5,000 afeccionados no [[Estadio Santiago Bernabéu]]. Debutou o 18 de setembro, relevando a [[Raúl González Blanco|Raúl]] no minuto 84, ante o [[Werder Bremen]] nun partido da fase de grupos da [[Liga de Campións da UEFA 2007-08|Liga de Campións]]. Recuperado dunha lesión, estreouse na [[Primeira División española|liga española]] o 23 de setembro, ante o [[Real Valladolid Club de Fútbol|Real Valladolid]], nun partido que terminou 1 a 1. Até o 2 de xaneiro de 2008 non anotou o seu primeiro gol, ao [[Alicante Club de Fútbol|Alicante CF]], nun partido correspondente á [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]]. Na liga, anotou o seu primeiro gol o 10 de febreiro ante o [[Real Valladolid Club de Fútbol|Real Valladolid]], partido que terminou 7 a 0. Esa primeira tempada disputou 21 encontros, marcou en catro ocasiones e obtivo o título de [[Primeira división española 2007/08|Liga]].
 
No inicio da [[Primeira división española 2008/09|tempada 2008-09]] conquistou a [[Supercopa de España de fútbol|Supercopa]] tras bater no Bernabéu ao [[Valencia Club de Fútbol|Valencia CF]] (4-2, global 6-5). Tras a marcha do [[Brasil|brasileiro]] [[Robinho]] ao [[Manchester City Football Club|Manchester City]] adquiriu máis protagonismo no once de [[Bernd Schuster]]. En decembro de 2008 Schuster foi substituído no banco polo español [[Juande Ramos]], finalizando a tempada con sete goles en 29 partidos, e sendo un dos mellores do equipo. Con todo, neses dous anos fixo un promedio de aproximadamente unha lesión cada cinco xornadas, perdéndose preto do 40% dos partidos. Durante o verán de 2009, especulouse coa súa saída, especialmente tras o desembolso realizado por [[Florentino Pérez]] con [[Kaká]] e [[Cristiano Ronaldo]]. O extremo neerlandés expresou durante a pretemporada o seu desexo de permanecer no equipo, especialmente tras a boa pretempada que estaba a realizar. Porén, e a pesar de que restaban só catro días para o peche do mercado de fichaxes, o Real Madrid decidiu traspasalo ao [[FC Bayern München|Bayern de Múnic]] o [[27 de agosto]] de [[2009]]. O club bávaro confirmou o traspaso nun comunicado oficial, sinalando que asinou un contrato por catro anos e levaría a camiseta co número 10, deixada polo seu compatriota [[Roy Makaay]]. O custo da operación non foi precisado, pero estimouse en 25 millóns de euros. Tras o seu traspaso, [[Jorge Valdano]] explicou que foi Robben o que pediu irse do club para poder acumular máis minutos de xogo, pois o Mundial estaba a tan só un ano e nos partidos só estivera adestrando para xogar uns minutos no segundo tempo.
 
== Notas ==