Diferenzas entre revisións de «Río Uruguai»

m
sen resumo de edición
m (arranxiño)
mSem resumo de edição
}}
O Río Uruguai (en [[lingua castelá|castelán]] '''Río Uruguay'''), é un río de [[América do Sur]] que, xunto co [[río Paraná]], o [[río Paraguai]] e outros grandes cursos fluviais, forman a [[conca do Prata]]. Nace na [[Serra Geral]], no sueste de [[Brasil]], na confluencia dos ríos [[Río Canoas|Canoas]] (de 570 km) e [[Río Pelotas|Pelotas]] (de 437 km), no límite entre os estados de [[Río Grande do Sur]] e [[Santa Catarina]], e desemboca no [[Río da Prata]], entre o Departamento [[uruguai]]o de [[departamento de Colonia|Colonia]], cara ao leste, e cara ao oeste o departamento [[Arxentina|arxentino]] [[departamento Islas del Ibicuy|Islas del Ibicuy]], da [[provincia de Entre Ríos]]. No último tramo recibe pola súa marxe dereita algúns brazos do río Paraná.
Na confluencia do Canoas co Pelotas o río atópase xa a uns 440 [[msnm]]. Ao principio, segue a dirección leste-oeste, ata recibir pola marxe dereita as augas do [[río Pepirí Guazú]], momento no cal empeza a torcer cara ao suroeste. Desde esa altura, serve como fronteira entre Arxentina e Brasil, punto no cal recibe as augas do [[río Quaraí ]],; afluente pola marxe esquerda que serve á súa vez como fronteira entre Brasil e Uruguai.
 
Logo de recibir as augas de devandito río, onde se forma unha [[Tripla Fronteira]] entre [[Bella Unión]] (Uruguai), [[Monte Caseros]] (Arxentina) e a [[Barra do Quaraí]] (Brasil); o río continúa o seu percorrido cara ao sur (á vez que constitúe a fronteira entre Arxentina e Uruguai) ata o paraxe de [[Punta Gorda (Uruguai)|Punta Gorda]], onde desemboca no Río da Prata. Ata ese punto mide 1770 km de extensión, dos cales 1262 corresponden ao tramo entres os seus nacentes e a confluencia co río Quaraí. Os 508 km restantes transcorren enteiramente entre terras uruguaias e arxentinas. Si se considera o sistema Pelotas-Uruguai, o río alcanza os 2340 km.
110.278

edicións