Biogás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''biogás''' é un [[gas]] combustible que se xera en medios naturais ou en dispositivos específicos, por medio de reaccións de biodegradación da [[materia orgánica]] pola acción de [[microorganismo]]s e outros factores, en ausencia de oxíxeno (é un proceso [[anaeróbico]]). O biogás resultante é unha mestura de gases dos cales o máis importante é o [[metano]] (CH<sub>4</sub>). Pode producirse a partir de materiais dispoñibles local ou rexionalmente como lixo reciclado ou outros materiais biodegradables como [[esterco]], residuos vexetais ou de colleitas, e augas residuais. É unha fonte de [[enerxía renovable]] e en moitos casos produce unha signatura de cabono moi pequena. A este gas tamén se lle chama ''gas dos pantanos'', porque neles se produce unha biodegradación de residuos vexetais semellante á descrita que xera este gas.
 
A produción de biogás por descomposición anaeróbica é un modo considerado útil para tratar residuos [[biodegradable]]s, xa que produce un [[combustible]] valioso, ademais de xerar un efluente que pode aplicarse como acondicionador de [[solo]]s ou [[adubofertilizante]] agrícola xenérico.
 
O biogás é unha mestura de gases constituída por por [[metano]] (CH<sub>4</sub>) nunha proporción entre o 50% e o 70% en volume, e [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>), e contén pequenas proporcións doutros gases como [[hidróxeno]] (H<sub>2</sub>), [[nitróxeno]] (N<sub>2</sub>), [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] (O<sub>2</sub>) e [[sulfuro de hidróxeno]] (H<sub>2</sub>S).<ref>[http://web.archive.org/web/http://www.kolumbus.fi/suomen.biokaasukeskus/en/enperus.html Basic Information on Biogas], [www.kolumbus.fi consultado 20/07/2008].</ref> O biogás ten como promedio un poder calorífico entre 18,8 e 23,4 mega[[joule]]s por metro cúbico (MJ/m³).