A Cidá, O Irixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q12380446
aumentado desde http://www.oirixo.es/index.php/patrimonioartisticocultural/patrimonioartistico/santamariadecida
Liña 11:
}}
'''Santa Mariña da Cidá''' é unha parroquia do concello do [[O Irixo|Irixo]] na [[comarca do Carballiño]], na [[provincia de Ourense]]. No ano [[2007]] contaba con 70 habitantes, deles 33 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, [[2006]].
 
==Patrimonio==
A '''igrexa parroquial''' é de finais do século XVIII, se ben foi modificada en reformas posteriores. A nave ten tres corpos separados por arcos de medio punto. A capela maior ten dous arcos laterais, antigamente capelas de seu. 0 arco da dereita abriuse para dar paso á sancristía en 1843, sendo párroco Antonio Lence. A fachada é lisa, con espadanas de dous ocos para campás. Ten unha porta no lado sur e unha ventá circular con motivos decorativos na base. O altar foi feito en 1967, adaptado á nova liturxia tralo [[Concilio Vaticano II]].
 
O retablo maior ten trazos [[Manierismo|manieristas]] do século XVI nas pezas e a organización do ático, de estilo rococó (século XVIII) no corpo e predominio neoclásico (finais do XVIII e comezos do XIX) nas columnas. Ten imaxes de Cristo crucificado e de Santa Mariña do século XVIII. O retablo colateral esquerdo é neoclásico, coas imaxes de San Roque, a Virxe do Carme e Santo Antón. Hai unha pequena talla de pedra en vulto redondo representando unha muller sentada, coñecida como A Dama da Cidá, de finais do século XIX ou comezos do XX.
 
Hai un copón do século XVI, unha custodia tipo sol de prata do século XVIII, e varios cálices de prata lisos dos séculos XVIII e XIX.
 
No adro hai varios panteóns en pedra. Nun deles repousan os restos de Emilio Duro Peña, que foi arquiveiro da [[Catedral de Ourense]]. Xunto á igrexa hai un cruceiro, de comezos do século XX, con labra acanalada no fuste.
 
No lugar de Orros hai unha ermida adicada á Nosa Señora de Lourdes, do século XX.
 
==Lugares e parroquias==