Rodopsinas bacterianas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de en:Bacterial rhodopsins
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de xullo de 2014 ás 10:29

As rodopsinas bacterianas son unha familia proteica de opsinas procarióticas. Son proteínas de tipo proteína retinilideno@retinilideno (que se unen ao retinal), que realizan un transporte de ións dependente da luz e funcións sensoriais nun grupo de arqueas halófilas, as halobacterias[1][2] e outros procariotas. Son proteínas integrais de membrana con sete hélices transmembrana, a última das cales contén o lugar de unión (unha lisina conservada) para o retinal.

Rodopsinas bacterianas
Identificadores
Símbolo?
PfamPF01036
InterProIPR001425
PROSITEPDOC00291
SCOPe2brd / SUPFAM
TCDB3.E.1
OPM superfamily6
OPM protein1vgo

As proteínas deste tipo de halobacterias inclúen a bacteriorrodopsina e a arquerrodopsina, que son bombas de protóns impulsadas pola luz, a halorrodopsina, que é unha bomba de cloruros impulsada pola luz, e a rodopsina sensorial, que media nas respostas de fotoatracción (cara á luz vermella) e fotofobia (cara á luz ultravioleta). Noutras bacterias atópase a proteorrodopsina.

Notas

  1. Oesterhelt D, Tittor J (1989). "Two pumps, one principle: light-driven ion transport in halobacteria". Trends Biochem. Sci. 14 (2): 57–61. PMID 2468194. doi:10.1016/0968-0004(89)90044-3. 
  2. Lottspeich F, Oesterhelt D, Blanck A, Ferrando E, Schegk ES (1989). "Primary structure of sensory rhodopsin I, a prokaryotic photoreceptor". EMBO J. 8 (13): 3963–3971. PMC 401571. PMID 2591367. 


Este artigo incorpora textos en dominio público procedentes de Pfam e InterPro IPR001425