Cruceiro lixeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 27:
[[Imaxe:USS Atlanta (CL-51).jpg|miniatura|left|250px|USS ''Atlanta'' (CL-51)]]
Durante a época [[Segunda Guerra Mundial]] os cruceiros lixeiros tiveron canóns que ían dende as 5 polgadas (127 mm), como nas clases antiaéreas Atlanta (estadoundense) e na Dido (británica), ata as 6,1 polgadas, aínda que o tamaño máis común foron as 6 polgadas. Os Atlanta e Dido naceron da necesidade táctica de construír buques para protexer aos [[portaavións]], [[acoirazado]]s e convois dos ataques aéreos.<ref>Osborne, p. 117.</ref>
 
Os [[cruceiro pesado|cruceiros pesados]] adoitaban a levar unha batería de canóns de 8 polgadas (203 mm). Nos anos previos á Segunda Guerra Mundial, co Tratado Naval de Londres facendo imposible construir un deseño de cruceiro pesado equilibrado dentro dos límites de tonelaxe, construíronse gran cantidade de cruceiros lixeiros de 10.000 toneladas con de 12 a 15 canóns de 6 polgadas (152 mm) que polo demais eran idénticos aos cruceiros pesados.
 
A construción de cruceiros pesados suprimíuse no [[Reino Unido]], [[Francia]] e [[Italia]] durante a metade dos anos 30. Porén, o estoupido da Segunda Guerra Mundial permitiu á nacións superar o límite das 10.000 toneladas do Tratado naval de Londres. Cara finais do conflito, os buques da mariña dos [[Estados Unidos]] clasificados como "grandes cruceiros" tiñan desprazamentos de case 30.000 (os cruceiros clase Alaska), mntres que os cruceiros lixeiros permaneceron no rango das 10.000 toneladass (aínda que ás veces alcanzaron as 12.000 ou 13.000).
 
==Notas==