Sadurniño de Tolosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución e adaptación da wikipedia en castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de xullo de 2014 ás 09:08

San Saturnino de Tolosa, finado en Tolosa (Francia) no 257, foi un misioneiro romano que predicou nas Galias, os Pireneos e a península Ibérica. Foi o primeiro bispo de Tolosa, onde foi martirizado polos pagáns segundo as Actas de Surio, aínda que outras testemuñas, coñecidas como as Actas de San Saturnino sitúano no século I.

Miniatura do século XIV co martirio do santo.

Vida

A súa vida baséase en fontes tardías, como a Passio Saturnini do século V, que a presentan repleta de lendas e feitos inverosímiles. Así, as actas antigas que utiliza Gregorio de Tours na súa obra, considérano orixinario de Patras (Grecia) e sitúano moito antes, no século I, como discípulo directo de Xesús en Galilea e acompañante de San Pedro a Antioquía e Roma.

Parece que Saturnino predicou nunha zona da Galia a mediados do século III e que cara o ano 250 era o líder da comunidade cristiana, e como tal foi elixido primeiro bispo de Tolosa, no consulado de Decio e Grato. Probablemente era un dos "Apóstolos dos galos" que enviou o papa Fabiano cara o ano 250 a cristianizar a Galia.

En Tolosa xa había alguns cristiáns e conseguiu convertir a uns poucos máis. Tamén construíu un pequeno templo onde cada día celebraba misa. Para chegar a este templo pasaba por diante do capitolio da cidade, onde había un templo pagán. Parece que houbo confrontacións entre Saturnino e os sacerdotes pagáns, que obrigárono a facer un sacrificio aos deuses, cousa que se negou a facer, polo cal foi encarcerado e condenado a matar: foi ligado a un bravo que o arrastrou polas rúas ata a morte.

Lenda de Pamplona

Sen fundamento histórico, atribúese Saturnino o bautizo de Honesto, a quen coñecería a comezos do súa predicación, en Nimes. Xuntos, continuaron a viaxe; en Carcassonne, o prefecto romano encarcerounos pero un anxo liberounos. Honesto continuou ata Pamplona, desde onde chamou a Saturnino. Cando chegou, convertiron ao senador romano Firme e a súa esposa, entre outros cidadáns. O fillo do senador, Fermín, sería despois o bispo de Amiens e canonizado sería San Fermín. Honesto foi martirizado na cidade e Saturnino, con quen será o seu sucesor, Hilario, marchou cara o norte, ata chegar a Tolosa.

É posible que a lenda creásese para xustificar que San Saturnino sexa o patrón da cidade, ademais de relacionalo tamén coa historia de San Fermín.

Veneración

A súa festa celébrase o 29 de novembro. É patrón de Pamplona, Tolosa (Francia) e Cagliari (Italia), ademais doutras localidades españolas como Artajona (Navarra), Sant Sadurní d'Anoia (Barcelona) ou Sant Sadurní d'Osormort (Barcelona).

Véxase tamén