Cruceiro lixeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Ligazón AD|ru}}
Beninho (conversa | contribucións)
m ampío de en.wiki
Liña 18:
Cara a [[Primeira Guerra Mundial]] os cruceiros lixeiros británicos adoitaban levar dous canóns de 6 polgadas (152 mm) e talvez oito de 4 polgadas (100 mm), ou un armamento uniforme de canóns de 6 polgadas nun barco dunhas 5.000 toneladas, mentres que os alemáns pasaron durante a guerra dos canóns de 4,1 polgadas (105 mm) aos de 5,9 (150 mm). A construción de cruceiros no [[Reino Unido]] continuou ininterrompidamente ata que o nomeamento do almirante [[John Fisher|"Jacky" Fisher]] como [[Primeiro Lord de Mar]] en [[1904]]. Debido en parte ao desexo de reducir o exceso de gastos polo aumento dos custes de manter o ritmo de produción naval alemá e tamén por sentir que ese tipo de barco era anticuado, Fisher autorizou poucos cruceiros novos e desguazou 70 vellos. A crenza de Fisher de que os [[cruceiro de batalla|cruceiros de batalla]] substituirían aos cruceiros lixeiros para protexer a navegación comercial ao pouco tempo demostrou ser impracticable, xa que os seus altos custes de construción impedían a súa dispoñibilidade nun número suficiente como para facelo, e os [[destrutor|destrutores]] eran demasiado pequenos para tarefas de exploración. O grupo de 21 cruceiros da clase Town comezou en [[1910]] a demostrar as súas excelentes habilidades para a exploración en todo tipo de condicións meteorolóxicas e podían levar o suficiente combustible e munición para protexer as rutas comerciais. A clase Arethusa, aparecida tres anos despois, tamén foi un éxito. Os deseñadores británicos continuaron ampliando e refinando os deseños de cruceiros durante a guerra.<ref>Conroy's, p. 2.</ref>
[[Imaxe:SMS Bremen 1907.jpg|miniatura|esquerda|SMS ''Bremen''.]]
Os alemáns fabricaron un bo número de cruceiros lixeiros coa crenza de que eran bos buques multi-propósito. Eran máis grandes, máis lentos e menos manobrables que os homólogos británicos pero, a través dunha sucesiva serie de clases, melloraron considerablemente as súas capacidades de navegación. Porén, estes adaptaron moi tarde os canóns de 5,9 polgadas (150 mm) aos cruceiros (coa clase Pillau de [[1913]]); a obstinación do Gran Almirante [[Alfred von Tirpitz]] sobre o tema silenciou a opinión de outros oficiais da armada alemá. Completaron os dous últimos cruceiros da clase Bremen en [[1906]] e [[1907]], e seguíronlle catro clase Königsbergs e dous Dresdens entre [[1905]] e [[1908]]. stas últimas dúas clases, máis rápidas e grandes que os Bremen, estaban armados cos mesmos 10 canóns de 4,1 polgadas (104 mm) e levaban menos blindaxe na cuberta.
 
Outras potencias principais concentráronse na construción de [[acoirazado]]s e produciron poucos cruceiros.<ref>Conway's, p. 152-3; Osborne, p. 73-5.</ref>
 
==Notas==