Diferenzas entre revisións de «Xosé Manuel Sánchez Rei»

sen resumo de edición
 
==Traxectoria==
Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1997]] e doutorouse na [[Universidade da Coruña]] en [[2001]], onde actualmente exerce a docencia como Profesor Titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa. É secretario da Revista Galega de Filoloxía e membro do seu Consello de Redacción desde o seu aparecemento no ano [[2000]], colaborando tamén con artigos en ''[[Terra e Tempo]]''.
 
==Obras==
*''O pensamento galeguista da posguerra: antoloxía'', 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Coeditor con [[Xoán Carlos Garrido Couceiro]].
*''[[Ricardo Carvalho Calero]]: ciencia, literatura e nación'', [[2001]], Universidade da Coruña. Coeditor con [[Carlos Caetano Biscaínho]].
*''Estudos em Homenagem ao Professor Doutor Mário Vilela'', [[2005]], Faculdade de Letras da Universidade do [[Porto, Portugal|Porto]].
*''A lingua literaria galega no século XIX'', [[2005]], Universidade da Coruña. En colaboración con [[Xosé Ramón Freixeiro Mato]] e [[Goretti Sanmartín Rei]].
*''Actas do Congreso [[Manuel María]]. Literatura e Nación'', [[2009]], Fundación Manuel María.
*''Sobre o racismo lingüístico'', 2009, Laiovento.
9.618

edicións