Cruceiro lixeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Historia ==
Os primeiros pequenos cruceiros de vapor foron construídos para a [[Royal Navy]] británica, sendo botado o [[HMS Mercury (1878)|HMS ''Mercury'']] en [[1878]]. Os cruceiros de segunda e terceira clase evolucionaron, facéndose gradualmente máis rápidos, con mellor armamento e mellor protección. [[Alemaña]] fíxose co liderato no deseño de pequenos cruceiros cara a década de 1890, construíndo unha clase de rápidos cruceiros, a clase Gazelle, copiada por outras nacións. Estes buques usaban caldeiras de carbón e estaban impulsados por máquinas de vapor de pistóns recíprocos, e baseábanse en parte na disposición das súas carboneiras para a súa protección. A adopción de combustibles líquidos para motores de turbinas de vapor fixo que os pequenos cruceiros se volvesen obsletosobsoletos rapidamente. Ademais, as novas construccións non podían basearse na protección das carboneiras e debían adoptar outro tipo de blindaxe lateral.
 
O grupo británico ''Bristol'' de cruceiros tipo ''Town'' (1909) afastábase dos vellos deseños, usando propulsión de turbinas, cunha alimentación mixta de carbón e fueloil, e un cinto de protección de 2 polgadas, ademais de protección tamén na cuberta. Polo tanto, por definición, estes eran cruceiros acourazados, a pesar de desprazar só 4.800 toneladas; nacían así os cruceiros acourazados lixeiros. Os primeiros crucieors lixeiros verdadeiramente modernos foron os da clase ''Arethusa'' (1911), que tiñan alimentación totalmente de fueloil e usaban a aquinaria lixeira típica dos destrutores para acadar unha velocidade de 29 nós (54 km/h).