Mildio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Viña: ligazón
Liña 19:
===Viña===
En Galiza é moi común atopar mildio, principalmente polas condicións de calor e humidade de que existen, sendo moi popular nas videiras. O patóxeno causante do mildio na viña é ''[[Plasmopara viticola]]'', un protista da familia dos peronosporáceos, que non é senón un parasito en sentido estrito, polo que non é posíbel cultivalo en laboratorio en medios sintéticos. O ciclo de vida deste protista é tremendamente complexo. Durante o inverno sobrevive nunha estrutura coñecida co nome de oospora ou ben se o inverno é suave en forma de micelio dentro das xemas ou nas follas persistentes da videira (''Vitis vinifera''). Cando se acada unha temperatura ambiental que rolda os 12 °C, a oospora xermola e forma un [[esporanxio]], que pode ser dispersado a través do vento. Para que un esporanxio xermole cómpre a presenza de choivas, xa que son zoosporas as resultantes desta xerminación.
Na viña non hai estruturas visibles até que a infección xa danou de xeito grave ao hóspede, mais non de forma irreparábel. P. viticola é un patóxeno que afecta a parte aérea da vide, porén o máis característico é un ataque á folla. Nesta aparecen rexións de aspecto amarelento que se coñecen co nome de "manchas de aceite". Estas manchas de aceite son típicas na face da folla, no envés óllase, se o tempo vai húmido, o típico "po de azucre", que corresponde coa [[reprodución asexual]], é dicir, cos zoosporanxios que saen a través dos estomas. Nesta fase pódese confundir o ataque de P. viticola co ataque de [[Uncinula necator]], responsábel do [[oídio]]. A diferenza radica en que se se raspa o po de azucre aparecen as manchas de aceite, mentres que co oídio isto non ocorre. Se o ataque de P. viticola for forte, prodúcese unha seca parcial da folla que pode levar á súa caída prematura, o que afecta a produción. Conforme entra o outono a mancha de aceite colle tons en mosaico (de amarelo a marrón). En rexións achegadas á floración aparece unha curvatura en forma de 'S' e o [[raque]] do [[acio]] escurece. Se o tempo vai húmido recubrirase cunha peluxe abrancazada. Se o ataque acontece nos períodos de floración- callado pode se producir a perda total do acio, mentres que se o ataque é serodio, só afectará a unha parte do acio. Xamais se ve ataque tralo cambio de cor do [[bago]].
No acio a patoloxía maniféstase de varios xeitos, os bagos perden forza e caen, de xeito semellante ao ataque da couza do acio (''Lobesia botrana''), outro modo é o "asocarramento" da punta do cacho, os bagos da punta do acio, incluíndo a raspa, fican secos coma queimados mentres o resto do acio está san. Canto máis desenvolvida estea a uva menos vulnerábel é a esta enfermidade.
Sulfatos preventivos: Oxicloruro de cobre, cimoxalino, folpet.
Curativos: Cimoxalino+folpet+[[fosetil]].
 
===Outros cultivos===
A patoloxía tamén se dá na [[soia]], onde o patóxeno causante do mildio é ''[[Peronospora manshurica]]''.