Selección natural: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 67 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q43478
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
O concepto básico de '''selección natural''' é que as condicións ambientais (isto é, a "natureza") determinan (ou "seleccionan") que determinada característica dun organismo axuda na supervivencia e reprodución dese organismo; organismos que non posúen esas características poden morrer antes de se reproduciren ou seren menos prolíficos que os organismos que presentan a determinada característica. Á medida que as condicións ambientais non varíen, ou permanezan suficientemente similares, esas características continúan a ser adaptativas e tornaranse máis comúns na poboación. A perda do [[nicho ecolóxico]] dunha especie ou o exceso de individuos en determinada área criado polo [[crecemento poboacional]] poden mudar drasticamente as características adaptativas necesarias para a supervivencia - nesas condicións, ou en calquera outra en que a supervivencia sexa determinada máis polas condicións ecolóxicas que polas características sexuais secundarias, dise que está ocorrendo unha [[selección ecolóxica]]. Esta expresión utilízase tan só para diferenciar procesos que non din nada respecto ao acto do apareamento e é de uso recente, desenvolvéndose dentro do propio campo da [[ecoloxía]]).
 
A teoría de Darwin da [[evolución]] das [[especie]]s pola selección natural comeza coa premisa de que unha característica do organismo varía de modo [[non-determinístico]] entre pais e fillos, nun proceso que Darwin chamou de "individuación". Esa teoría non fai ningunha alegación particular sobre como se dá ese proceso, aínda que descubertas científicas posteriores en [[xenética]] expliquen diversos mecanismos polos cales iso ocorre na reprodución: tanto na [[reprodución asexual]] como na sexual, [[mutación]]s aleatorias (incluíndo erros de [[transcrición]] de [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]]); no caso da reprodución sexual (que mestura o ADN dos pais no da prole), [[fluxo xénico]] e [[deriva xenética]] son tamén mecanismos importantes. A competición (normalmente entre machos para fecundar a femia) por parceiros leva á [[selección sexual]] - un proceso que Darwin consideraba secundario á ecolóxica para a maioría das especies.
 
A selección natural non distingue entre [[selección ecolóxica]] e [[selección sexual]], na medida que se refire ás características, por exemplo, destreza de movemento, nas cales ambas as dúas poden actuar simultaneamente. Se unha variación específica torna o descendente que a manifesta máis apto á supervivencia e á reprodución ben sucedida, ese descendente e a súa prole terán máis posibilidades de sobrevivir que os descendentes sen esa variación. As características orixinais, ben como as variacións que son inadecuadas dentro do punto de vista da adaptación, deberán desaparecer conforme os descendentes que as posúen sexan substituídos polos parentes máis exitosos.