Parede celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 57 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q128700
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 103:
Un segundo tipo de parede arqueana atopámolo en ''[[Methanosarcina]]'' e ''[[Halococcus]]''. Nestes xéneros a parede está composta enteiramente por unha capa de polisacáridos, os cales poden estar sulfatados no caso de ''Halococcus''.<ref name="Brock 1994" />.
 
Un terceiro tipo de parede arqueana consta de [[glicoproteína]]s, e aparece nas [[hipertermófilahipertermófilo|hipertermófilas]]s, ''[[Halobacterium]]'', e algunhas [[metanóxena]]s. En ''Halobacterium'', as [[proteína]]s da parede teñen un alto contido en aminoácidos con carácter ácido, o que lle dá á parede unha carga global negativa. A estrutura é estabilizada pola presenza de grandes cantidades do [[catión]] [[sodio]], que neutraliza a carga.<ref name="Brock 1994" /> Esa necesidade de sodio fai que ''Halobacterium'' só poida subsistir en condicións de alta salinidade.
 
Noutras arqueas, como ''[[Methanomicrobium]]'' e ''[[Desulfurococcus]]'', a parede parece estar composta só por unha capa superficial de proteínas,<ref name="Howland 2000">Howland, John L. (2000) ''The Surprising Archaea: Discovering Another Domain of Life'', pages 69-71. (Oxford: Oxford University Press). ISBN 0-19-511183-4.</ref> coñecida como ''capa S''. As capas S son tamén relativamente comúns en bacterias, nas cales pode ser o único compoñente da parede ou unha capa externa enriba da de polisacáridos. A maioría das arqueas son Gram-negativas.<ref name="Howland 2000" />