Diferenzas entre revisións de «Montesquieu»

*tais>tales
m (Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q15975)
(*tais>tales)
Para Montesquieu, a forma republicana de goberno só sería viable en rexións pequenas, como as cidades gregas da antigüidade e as cidades italianas da [[Idade Media]]. Para os grandes Estados, só sería posible o despotismo (absolutismo) e as monarquias. El simpatizaba coa monarquía constitucional (liberal) á moda inglesa, e foi a partir dunha viaxe á [[Inglaterra]] que elaborou a súa teoría da separación dos 3 poderes.
 
Ao procurar descubrir as relacións que as leis ten coa ''natureza'' e o ''principio'' de cada goberno, Montesquieu desenvolve unha alentada teoría de goberno que alimenta as ideas fecundas do ''constitucionalismo'', polo cal se busca distribuír a autoridade por medios legais, de modo a evitar o arbítrio e a violencia. TaisTales ideas se encamiñan para a mellor definición da separazón dos poderes, aínda hoxe unha das pedras angulares do exercicio do poder democrático. Montesquieu admiraba a constitución inglesa, mesmo sen comprendela completamente, e describiu coidadosamente a separación dos poderes en Executivo, Xudiciario e Lexislativo, traballo que influenciou os elaboradores da constitución dos Estados Unidos. O Executivo sería exercido por un rei, con dereito de veto sobre as decisións do parlamento. O poder xudicial non era único, porque os nobres non poderían se xulgados por tribunais populares, mais só por tribunais de nobres; portanto Montesquieu non defende a igualade de todos perante a lei. O poder lexislativo, convocado polo executivo, debería ser separado en dúas casas: o corpo dos comúns, composto polos representantes do pobo, e o corpo dos nobres, formado por nobres, hereditario e coa facultade de impedir (vetar) as decisións do corpo dos comúns. Esas dúas casas terían asembleas e deliberacións separadas, así como intereses e opinións independentes. Reflectindo sobre o abuso do poder real, Montesquieu conclúe que "só o poder frea o poder", de aí a necesidade de cada poder manterse autónomo e constituído por persoas e grupos diferentes.
 
É ben verdade que a proposta da división dos poderes aínda non se atopa en Montesquieu coa forza que costumouse posteriormente a atribuírlle. En outras pasaxes da súa obra, el non defende unha separación tan ríxida, pois o que el pretendía de feito era realzar a relación de forzas e a necesidade de equilibrio e harmonía entre os tres poderes.
99.977

edicións