Romelu Lukaku: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua castelá (es:Romelu Lukaku)
Liña 26:
 
Lukaku continuou a súa formación con Anderlecht e fixo o seu debut oficial cando aínda acudía á escola con 16 anos. Xogando para o equipo belga, converteuse na tempada [[2009]]-[[2010|10]] no máximo goleador en Bélxico, gañando ademais o seu equipo a Liga, polo que recibiu no ano [[2011]] a Bota de Ébano de Bélxica. No mercado de verán dese mesmo ano, Lukaku fichou polo [[Chelsea FC|Chelsea]] da [[Premier League]] por unha cantidade non relevada, asinando un contrato de cinco anos co club [[Londres|londinense]]. En xaneiro de [[2014]] foi nomeado por ''[[The Guardian]]'' como un dos xogadores máis prometedores futbolístas en Europa.<ref>{{cita web|url=http://www.theguardian.com/football/blog/2014/jan/19/next-10-big-things-europes-top-youngsters|título=The next 10 big things: Europe's top youngsters and stars of the future|data=18 de xaneiro 2014|editor=The Guardian|dataacceso=2 de xullo de 2014|lingua=inglés}}</ref>
 
== Traxectoria ==
=== RSC Anderlecht ===
Lukaku comezou a xogar fútbol aos 2 anos de idade, uníndose ás inferiores do Rupel Boom, club no que tamén xogou o seu pai. Despois de permanecer durante 3 anos no devandito club, Romelu Lukaku marchouse ao KFC Wintam, onde permaneceu durante un ano antes de unirse ao [[Lierse SK]] aos 10 anos de idade. Na súa primeira tempada, Lukaku marcou 54 goles e na súa segunda tempada marcou 76, o que atraeu a atención do [[Royal Sporting Club Anderlecht|RSC Anderlecht]], logrando a súa contratación en [[2006]], cando Lukaku tiña 13 anos de idade. Durante a súa traxectoria nas categorías xuvenís do Anderlecht, Lukaku marcou 131 goles en 93 partidos, o que chamou a atención de varios clubs ao redor de [[Europa]], particularmente o [[Associazione Calcio Milan|AC Milan]] e o [[Chelsea Football Club|Chelsea FC]], os cales estaban dispostos a ofrecer até 1,5 millóns de [[Euro|euros]] pola súa contratación.<ref>{{cita web|url=http://www.hln.be/hln/nl/1285/jupiler-Prol-League/article/detail/629084/2009/01/20/Zoon-Roger-Lukaku-kiest-voor-Anderlecht.dhtml|título=Zoon Roger Lukaku kiest voor Anderlecht|data=20 de xaneiro de 2009|dataacceso=2 de xullo de 2014|lingua=neerlandés}}</ref>
 
O seu debut na [[Primeira División de Bélxica]] sería ante o [[Standard de Liège]] o [[24 de maio]] de [[2009]] cando só tiña nese entón 16 anos e 11 días de idade, entrando de cambio ao minuto 65 por Víctor Bernárdez. Con todo, o Standard levaríase a vitoria por 1-0, proclamándose campión de Liga. Para a tempada [[2009]]-[[2010|10]], Lukaku foi ascendido a tempo parcial ao primeiro equipo, e non a tempo completo debido ás súas obrigas escolares. Aproveitando as lesións de Tom De Sutter e Nicolás Frutos, Lukaku puido establecerse rapidamente no primeiro equipo, anotando o seu primeiro gol como profesional o [[22 de agosto]] de [[2009]] na vitoria por 2-0 sobre o [[SV Zulte Waregem|Zulte Waregem]]. Tamén se converteu no xogador máis novo en disputar un encontro de [[Liga de Campións da UEFA 2009-10|Liga de Campións]], cando se enfrontou ao [[Olympique Lyonnais]] na rolda previa de clasificación.<ref>{{cita web1|url=http://www.flanderstoday.eu/current-affairs/scramble-romelu-lukaku|título=The scramble for Romelu Lukaku|data=18 de setembro de 2009|dataacceso=2 de xullo de 2014|lingua=inglés}}</ref> O seu debut na recentemente creada [[UEFA Europa League 2009-10|UEFA Europa League]] foi o [[17 de setembro]] de [[2009]] ante o [[GNK Dinamo Zagreb|Dinamo Zagreb]]. Lukaku entrou de cambio ao minuto 85 e tres minutos despois asistiu a Jonathan Legear para anotar o segundo gol do Anderlecht na vitoria por 2-0. Semanas despois, Lukaku anotou o seu segundo gol da liga na vitoria por 1-0 sobre o [[KFC Germinal Beerschot|Germinal Beerschot]]. Depois, o [[17 de decembro]] de [[2009]], Lukaku anotou o seu primeiro dobrete na Europa League, cando o Anderlecht derrotou por 3-1 ao [[Ajax Ámsterdan]] no [[Amsterdam Arena]]. Tres días despois, Lukaku foi elixido como a ''Promesa do Ano'' no deporte belga.
 
O [[29 de xaneiro]] de [[2010]], Lukaku anotou un dobrete ante o Germinal Beerschot, onde o seu equipo necesitaba gañar por un marcador de 5-0 para situarse no primeiro lugar da liga, cousa que finalmente ocorreu. Converteuse así no mellor dianteiro da liga e continuou marcando goles desde ese entón. O [[25 de febreiro]] de [[2010]], Lukaku anotou un gol aos 4 minutos na vitoria por 4-0 sobre o [[Athletic Club]] nos dezaseisavos de final da Europa League. Despois, cando se enfrontaron en oitavos de final ao [[Hamburgo S.V.|Hamburgo]] [[Alemaña|alemán]], contribuíu cunha anotación nunha dificil vitoria por 4-3, aínda que non lograron clasificarse á seguinte rolda. Lukaku finalizou a tempada de liga con 15 goles anotados, logrando obter a ''Bota de Ouro'' con tan só 16 anos de idade.
 
A comezos da tempada [[2010]]-[[2011|11]], Lukaku sufriu unha lesión e, aínda que non estaba na mellor forma, puido disputar a fase previa da [[Liga de Campións da UEFA 2010-11|Liga de Campións]] ante o [[FK Partizan Belgrado|Partizan Belgrado]], anotando un gol no empate a 2-2 no partido de volta, aínda que o Anderlecht sería eliminado na [[penalti|rolda de penaltis]]. Lukaku non tivo un bo comezo na liga, xa que durou cinco datas sen anotar un só gol. Con todo, na sexta data, anotou un dobrete na vitoria por 2-0 ante o [[Sint-Truidense]] o [[10 de setembro]] de [[2010]]. Unha semana despois, Lukaku volvería anotar, agora na vitoria por 3-0 ante o [[KV Kortrijk]]. Tamén anotou na vitoria por 3-0 sobre o [[AEK Atenas Fútbol Club|AEK Atenas]] na [[UEFA Europa League 2010-11|UEFA Europa League]] o [[21 de outubro]] de [[2010]] e na vitoria por 2-0 sobre o [[KVC Westerlo]] na liga tres días despois. Máis tarde, Lukaku entrou nun serie goleadora anotando no tres seguintes encontros ante o [[KRC Genk]], o [[Club Bruxas|Club Brugge]] e o [[KAA Gent]], antes de ser expulsado no seguinte partido ante o Germinal Beerschot. Cumprida a súa suspensión, Lukaku regresou á súa serie goleadora, anotando 3 goles en 4 partidos. Lukaku finalizou a tempada con 16 goles anotados, quedando no cuarto lugar da táboa de goleadores, aínda que sería premiado coa Bota de Ébano en [[2011]].
 
=== Premier League ===
{| class="toccolours" style="float: right; margin-left: 1em; margin-right: 2em; font-size: 85%; background:#c6dbf7; cor:black; width:30em; max-width: 40%;" cellspacing="5"
| style="text-align: left;" | «Asombroso. É un soño feito realidade. Soñei con xogar aquí desde que tiña 10 anos, pensando en darlle a man a xogadores como [[John Terry]], [[Frank Lampard]] e Didier Drogba. É marabilloso chegar a un club grande con grandes ambicións. Isto era o que estaba a buscar.»
|-
| style="text-align: left;" | — Romelu Lukaku despois de ser contratado polo Chelsea.
|}
Despois de que Lukaku comezase a tempada [[2011]]-[[2012|12]] con 2 goles marcados nos 2 primeiros partidos de liga, o [[6 de agosto]] de [[2011]], tanto o Anderlecht como o [[Chelsea Football Club|Chelsea FC]] de [[Inglaterra]] confirmaron a súa chegada a un acordo polo seu traspaso, o cal foi completado até o [[18 de agosto]]. A cantidade implicada na fichaxe é descoñecida, mais estímase que se sitúa entre os 15 e os 20 millóns de [[Libras esterlinas|libras]], sendo segundo as súas propias palabras "''un soño feito realidade''".
 
O seu debut co Chelsea na [[Premier League]] sería o [[27 de agosto]] de [[2011]] na vitoria por 3-1 sobre o [[Norwich City Football Club|Norwich City]], ao entrar como substituto no minuto 83 por [[Fernando Torres]]. Tamén foi substituto na derrota por 3-1 fronte ao [[Manchester United Football Club|Manchester United]] o [[18 de setembro]] de [[2011]], onde saíu por [[Daniel Sturridge]] no minuto 68. Tres días despois, no seguinte encontro fronte ante o [[Fulham Football Club|Fulham FC]] na [[Football League Cup]], disputaría o seu primeiro encontro completo como titular, levándose o seu equipo a vitoria por 4-3 nos [[penalti|penaltis]] tras empatar a 0-0 durante o tempo de xogo, clasificándose así á seguinte rolda.
 
Antes de iniciar a tempada 2012-13, o [[West Bromwich Albion Football Club|West Bromwich Albion]] fíxose dos servizos de Lukaku, cedido por toda a tempada. O seu primeiro gol co "West Brom" foi o [[18 de agosto]] de [[2012]], contra o [[Liverpool Football Club|Liverpool]], no seu partido oficial de debut, entrando como suplente no minuto 68 e anotando no minuto 77 o 3 - 0 que sería o último gol do partido nunha sorprendente vitoria. O [[19 de maio]] de [[2013]] anota un [[hat-trick]] fronte ao [[Manchester United]] no empate 5 a 5 no que era, como dato curioso, o último partido da carreira (como técnico) de [[Alex Ferguson]], así como o seu partido 1.500 na dirección tecnica do "ManU". Na seguinte tempada voltou a ser cedido, esta vez ao [[Everton FC]], onde remata a tempada con 15 goles en 31 partidos.
 
== Notas ==