Fixación do carbono: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
 
===RuBisCO e a fixación do carbono===
O encima encargado de realizar a fixación do carbono no ciclo de Calvin denomínase [[RuBisCO]] (ribulosa bisfosfato carboxilase oxidase). No [[centro activo]] deste encima entra un azucre de 5 carbonos preexistente na planta chamado [[ribulosa 1,5-bisfosfato]] e o CO<sub>2</sub>. O CO<sub>2</sub> actívase reaccionando cunha [[lisina]] do centro activo (forma o "CO>sub>2</sub> activante") formando un [[carbamato]], e despois fíxase no mencionado azucre ao reaccionar co grupo [[carbonilo]] do carbono 2 do azucre e orixinar nel un grupo [[carboxilo|carboxilato]] (COO<sup>-</sup>). Isto orixina que o azucre pase a ser un composto de 6 carbonos chamado 3-ceto-2-carboxiarabinitol-1,5-bisfosfato, que é moi inestable e que axiña rompe formando dúas moléculas de 3 carbonos de [[3-fosfoglicerato]]. Este 3-fosfoglicerato é o primeiro produto estable do ciclo de Calvin que leva o carbono fixado, polo que as plantas que fixan directamente o carbono no ciclo de Calvin denomínanse C<sub>3</sub>, xa que o 3-fosfoglicerato ten 3 carbonos.<ref name=Stryer>Berg JM, Tymoczko JL, Stryer L. Biochemistry. 5th edition. New York: W H Freeman; 2002. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK22344/ section 20.1]</ref>
 
===RuBisCO e a fotorrespiración===