Diluvio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 53 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q134052
Elisardojm (conversa | contribucións)
*tais>tales
Liña 5:
O acontecemento do Diluvio tamén se describe en fontes [[Sumeria]]s, [[Asiria]]s, [[Armenia]]s e [[Exipto|Exipcias]], [[Persia|Persas]], entre outras, de forma basicamente semellante ao episodio bíblico: Deus (ou o deus en cuestión) decide limpar a terra dunha humanidade corrupta e escolle un home bo aos seus ollos para construír unha arca para abrigar a súa Creación no tempo en que a terra estivese inundada. Despois dun período, a auga descende, a arca fica encallada nunha montaña, os animais repoboan a terra e os descendentes de tal home xeran todos os pobos do mundo.
 
A consistencia de taistales relatos fai que algúns historiadores consideren a hipótese de que unha inundación de proporcións catastróficas teña tido lugar probabelmente na [[Mesopotamia]] nalgún momento, forzando a construción ás presas de embarcacións para abrigar os sobreviventes. Algúns menos escépticos cren aínda que a arca presente das diferentes fontes pode ser atopada nalgún punto do [[Cáucaso]], posibelmente no [[Monte Ararat]]. [[Arqueoloxía|Arqueólogos]] e [[xeoloxía|xeólogos]], porén, non atoparon probas de que realmente teña habido unha inundación, nin en ámbito global, nin en ámbito local, nas proporcións descritas nas fontes.
 
Unha das últimas e máis controvertidas teorías sobre a posíbel orixe deses mitos de Diluvio sexa a [[Teoría de Ryan-Pitman]], que avanza a hipótese da rápida subida das augas na bacía do [[Mar Negro]], ocasionada pola ruptura dun dique natural formado antigamente polo [[Bósforo|estreito de Bósforo]], por volta de [[-5600]]. Investigacións submarinas revelaron restos de habitacións primitivas e utensilios no fondo do Mar Negro, nunha clara indicación de que partes do actual mar foron habitadas hai algúns millares de anos.