Xogos Olímpicos de 1900: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Elisardojm (conversa | contribucións)
*tais>tales
Liña 29:
O [[Comité Olímpico Internacional]] tivo pouca influencia na condución destes Xogos, competendo á organización da [[Exposición Universal]] a organización dos eventos. Como a organización consideraba o deporte unha actividade secundaria, as diferentes modalidades foron espalladas polos diversos locais da Exposición e moitas veces con clasificacións canto menos curiosas. Particularmente, a organización clasificou a ximnasia na sección de "deporte escolar para nenos", esgrima na sección de "coitelería" e remo na sección de "socorrismo".
 
Adicionalmente, ó longo da Exposición Universal e concorrentemente coas modalidades olímpicas realizáronse eventos en moitos outros deportes, taistales como motonáutica, carreiras en globo, natación subacuática, natación con obstáculos e tiro ós pombos, que non foron recoñecidos como modalidades olímpicas, polo que eses eventos non se consideran parte dos [[Xogos Olímpicos]] de [[1900]].
 
Por mor da grande confusión que foi a organización dos Xogos da II [[Olimpíada]], o número de participantes (e mesmo de modalidades) varía largamente dacordo con diferentes fontes. Dacordo co Comité Olímpico Internacional participaron 997 atletas, representando 24 estados e competindo en 20 modalidades.