Bispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 44:
 
====Deberes====
[[File:Confirmation VanderWeyden.png|thumbesquerda|leftminiatura|Bispo administrando o [[sacramento (relixión)|sacramento]] da [[Confirmación (sacramento)|Confirmación.]], por [[Rogier van der Weyden]].]]
 
Na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], na [[Igrexa Ortodoxa]] e na [[Comuñón Anglicana]], só os bispos poden ordenar bispos, [[sacerdote]]s e [[diácono]]s.
Liña 52:
O [[Papa]], ademais de ser o bispo da [[diocese de Roma]] e xefe espiritual da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], é tamén o Patriarca da [[Igrexa Latina]]. Todos os bispos deste rito responden directamente ante el, e non ante outros bispos, agás ante un metropolitano nalgún caso. Anteriormente, o Papa empregaba o título de ''Patriarca de Occidente'', pero este título foi abandonado en 2006<ref>[http://www.aciprensa.com/noticias/benedicto-xvi-renuncia-al-titulo-de-patriarca-de-occidente/ 1 de marzo de 2006]</ref>, o que causou preocupación na Comuñón Ortodoxa por implicar, para eles, unha xurisdición papal máis ampla.
 
Nas [[catedral|catedrais]] destas igrexas existe unha cadeira (''[[cátedra]]'') especial para uso exclusivo do bispo da diocese, polo común chamada "[[Trono (monarquía)|trono]]". Nalgunhas denominacións cristianas, como na Comuñón Anglicana, as igrexas parroquiais tamén teñen unha cadeira reservada para o bispo no caso de visita, como forma de simbolizar a unión da parroquia co bispo.
 
O bispo é o ministro ordinario do [[sacramentos da Igrexa Católica|sacramento]] de [[confirmación]] na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] de [[rito latino]], e na Comuñón Anglicana e nas igrexas veterocatólicas tan só un bispo pode administrar este sacramento. Porén, nos ritos orientais, a [[crismación]] realízase e seguido ao [[bautismo]], e por tanto o sacerdote é quen confirma, empregando un crisma bendecido polo bispo.