Sebastianismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
lig int
Liña 3:
O '''Sebastianismo''' foi un movemento místico-secular que ocorreu en [[Portugal]] na segunda metade do [[século XVI]] como consecuencia da morte do rei [[Sebastián de Portugal|D. Sebastián]] na [[Batalla de Alcácer-Quibir]], en [[1578]]. Por falta de herdeiros, o trono portugués terminou nas mans do rei [[Filipe II]] da rama española da [[casa de Habsburgo]]. Basicamente, o Sebastianismo é un [[mesianismo]] adaptado ás condicións lusas e despois nordestinas. Traduce unha desconformidade coa situación política vixente e unha expectativa de salvación aínda que milagrosa, a través da [[resurrección]] dun morto ilustre.
 
A pesar do corpo do rei ter sido trasladado ao [[Mosteiro dos Xerónimos]], o pobo nunca aceptou o feito, divulgando a lenda de que o rei se encontraba aínda vivo, apenas esperando o momento certo para volver ao [[Trono (monarquía)|trono]] e afastar o dominio estranxeiro.
 
O seu divulgador máis popular foi o poeta [[Gonçalo Annes Bandarra|Bandarra]], que produciu incansábeis [[verso]]s clamando polo retorno do ''Desejado'' (como era chamado D. Sebastián). Explorando a credulidade popular, varios oportunistas se presentaban como o rei oculto na tentativa de obter beneficios persoais. O maior intelectual a adherir ao movemento foi o [[Padre Vieira]].