Ácido oxalacético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 60:
'''Oxidación de aminoácidos'''. Durante a oxidación dos aminoácidos [[asparaxina]] e [[ácido aspártico]] orixínase oxalacetato. A asparaxina convértese en aspartato, e este sofre unha transaminación co α-cetoglutarato, que orixina oxalacetato e [[glutamato]]. Deste modo os aminoácidos poden contribuír cos seus esqueletos carbonados á produción de enerxía, xa que o oxalacetato pode incorporarse ao ciclo do ácido cítrico e orixinar ATP ou pode tamén entrar na gliconeoxénese, polo que a asparaxina e o aspartato son aminoácidos glicoxénicos<ref name="Lehninger"/>.
 
'''Fotosíntese'''. As plantas tropicais ou de climas secos que teñen fotosíntese C<sub>4</sub> utilizan o oxalacetato para almacenar potencialmente CO<sub>2</sub>. O [[dióxido de carbono|CO<sub>2</sub>]] do aire fíxase inicialmente ao [[fosfoenolpiruvato]], en reacción catalizada pola [[fosfoenolpiruvato carboxilase]], formando oxalacetato. Como o primeiro produto estable da [[fixación do carbono]] nestas plantas é un ácido de 4 carbonos (o oxalacetato), esta fotosíntese denomínase C<sub>4</sub>. Despois o oxalacetato redúcese a malato, e este dá lugar a piruvato e CO<sub>2</sub>, polo que este gas xa pode entrar no [[ciclo de Calvin]] da fotosíntese. Almacenando desta maneira o oxalacetato, a célula sempre ten unha concentración alta de [[dióxido de carbono|CO<sub>2</sub>]] nas súas células fotosintéticas. Esta vía de fixación do CO<sub>2</sub> chámase [[vía de Hatch-Slack]].<ref name="Lehninger"/>.
 
'''Transporte de electróns'''. O oxalacetato é un potente inhibidor do [[complexo II]] da [[cadea de transporte electrónico]].