Boris Pasternak: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{FormatoWiki}}
Sen resumo de edición
Liña 19:
 
== Traxectoria ==
En occidente Pasternak é coñecido pola súa monumental novela tráxica ambientada na Rusia Soviética [[Doutor Zhivago]], publicada por primeira vez en [[Italia]] en [[1957]]. Tamén, [[A vida, a miña irmá]] (1917) é unha das súas grandes obras poéticas, área da literatura na que tamén se destacou. É un dos catro poetas que emerxeron nos anos de goberno de [[Stalin]]. Os outros tres membros deste cuarteto son [[Anna AkhmátovaAkhmatova]], [[Maria Tsvetaieva]] e [[Osip Mandelstam]].
 
Era fillo do famoso pintor [[xudaísmo|xudeu]], [[Leonid Pasternak]], profesor na escola de pintura de Moscova. O seu pai converteuse do [[xudaísmo]] ao [[Igrexa ortodoxa|cristianismo ortodoxo]]. A nai de Borís, [[Rosa Kaufman]] tamén de orixe xudeu, era unha famosa concertista de piano. Pasternak medrou nunha atmosfera cosmopolita: na súa casa desfilaban artistas da talla de [[Sergei Rachmaninov]], [[Lev Tolstoi]] ou [[Rainier Maria Rilke]].