Noz de cola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion moveu a páxina "Noz de cola" a "Cola (xénero)" sobre unha redirección: Noz de cola é realmente o froito das especies do xénero
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
#REDIRECCIÓN[[Ficheiro:kolanut.jpg||direita|200px|thumb|Sementes e froitos de [[Cola (xénero)|Cola]].]]
A '''noz de cola''' ou '''cola'''<ref>Nome vulgar do froito en galego, no Portal das Palabras da [[RAG]] - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=321727&sinom=0</ref> é o [[froito]] das [[planta]]s pertencentes ao xénero ''[[Cola (xénero)|Cola]]'' da subfamilia ''[[Sterculioideae]]'' (''[[Malvaceae]]''). As especies máis comúns atópanse en [[África Occidental]] e en [[Indonesia]]. Cultívase tamén nas Américas dende a época da escravitude negra. O grupo contén un total de 125 especies. Da noz de cola obtemos o extracto de cola co que se aromatizaban as [[Bebida de cola|bebidas de cola]].
 
== Usos ==
Posuíndo un gusto amargo e gran cantidade de [[cafeína]], a noz de cola úsase por moitas culturas do oeste africano, tanto individualmente coma en grupo. Moitas veces úsase cerimonialmente ou dada a convidados.
 
Con ela faise o xarope de cola, utilizado coma ingrediente dalgunhas poucas [[Bebida de cola|refrescos de cola]]. A noz era utilizada orixinalmente para producir coñecidos refrescos de cola, mais foi substituída por aromatizantes artificiais co obxectivo de diminuír custos na produción en masa. Algunhas excepcións inclúen a [[Red Kola]] da [[A.G. Barr plc]], Harboe Original Taste Cola e [[Cricket Cola]], esta última feita de noz de cola e [[té verde]].
 
== Propiedades ==
As sementes teñen acción estimulante, regularizadora da circulación. Actúan como un tónico revigorizante, excitante do [[sistema nervioso]] e muscular. É tamén antidiarreica e usada nos casos de [[anemia]], convalecencia de doenzas graves, problemas estomacais e certas xaquecas, e sobretodo nas perturbacións funcionais do corazón. As sementes conteñen [[teobromina]] e cafeína, e úsanse coma sucedáneo do [[cacao]] e do [[café]].
 
O extracto prodúcese principalmente a partir de dúas especies, ''[[Cola nitida]]'' (Vent.) Schott et Endl. ou ''[[Cola acuminata]]'' (Beauv.) Schott et Endl., principalmente a partir das súas sementes. Delas extráese quer [[cafeína]], quer [[teobromina]]. Os estudos suxestionan que as propiedades do extracto ten efectos semellantes, en termos de dose, ao da [[cafeína]].<ref>{{cite journal |last1= Burdock|first1=George A. |last2= Carabin|first2=Ioana G. |last3=Crincoli |first3=Christine M. |date=August 2009 |title= [[Food and Chemical Toxicology]]|journal= Safety assessment of kola nut extract as a food ingredient|volume=47 |issue=8 |pages=1725–1732 |publisher=Elsevier |doi=10.1016/j.fct.2009.04.019 }}</ref>
 
== Historia ==
A noz de cola medra espontaneamente na África Occidental e Central en climas quentes e húmidos. Xa dende a antigüidade empregouse mastigada coma estimulante. Levábase ao sur de África a través do comercio transahariano, con [[camelo]]s. O uso das súas améndoas espallouse na rexión norte da América Latina por medio dos [[Escravitude|escravos]] negros que mascaban colas para soportar traballos penosos. Despois foi levada a outros países con finalidades agroindustriais.
 
== Notas ==
{{Referencias}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
*'''''[[Cola (xénero)]]'''''.
=== Ligazóns externas ===
* [http://medicosdeportugal.saude.sapo.pt/utentes/nutricao/noz_de_cola_e_o_ingrediente_secreto_para_a_saude A noz de cola é o ingrediente secreto para a saúde] - Médicos de Portugal - no portal sapo.pt (en portugués)
 
[[Categoría:Cola]]
[[Categoría:Froitas]]
[[Categoría:Froitos secos]]
[[Categoría:Oleaxinosas]]