Afonso XIII de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 31:
 
== Feitos importantes na súa vida ==
Durante o seu reinado, España, tras a intervención dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] na guerra colonial, perdeu as súas últimas posesionsposesións ultramarinas en [[Cuba]], [[Porto Rico]] e [[Filipinas]], durante o coñecido como [[Desastre do 98]]. Xa no [[século XX]] desencadenousedesencadeouse novamente a guerra na zona norte de [[Marrocos]] que fora adxudicada a España nos repartos internacionais. O conflito localizouse fundamentalmente na área máis próxima á cidade de [[Melilla]], en contra dos rifeños de Abd el-Krim.
 
Primo de Rivera constituíu un goberno ao que denominou directorio, que estivo formado nun primeiro momento exclusivamente por militares ([[Directorio Militar]]) e, posteriormente (1925), tivo un carácter civil (Directorio Civil). Durante a Ditadura púxose fin á [[Guerra do Rif]] co [[Desembarco de Alhucemas]] en [[1925]], e máis axuda francesa, que permitiu a conquista española definitiva do Rif en 1927. En 1929 celebráronse a Exposición Universal en Barcelona e a Iberoamericana en Sevilla, pero a oposición crecente que xerou o ditador, especialmente estendida entre estudantes, intelectuais e o corpo de Artillería (opoñíanse á reforma que pretendía o ditador do seu sistema de ascensos) fixeron que Afonso XIII apártase a [[Miguel Primo de Rivera]] do goberno o [[29 de xaneiro]] de [[1930]], nomeando presidente do consello de ministros ao xeneral [[Dámaso Berenguer]] coa intención de retornar ao réxime constitucional. Este novo período coñeceuse enseguida como "a Ditablanda", por contraste coa ditadura anterior.
 
Tras a caída do ditador -que faleceu semanas despois-, aumentaron as manifestacións antimonárquicas, acusouse ao Rei de apoiar a ditadura de Primo de Rivera e de ter responsabilidades no [[Desastre de Annual]]. Ese ano os partidos republicanos uníronse frentefronte a monarquía coa firma do [[Pacto de San Sebastián]]. Houbo pronunciamentos militares republicanos que foron frustrados polo goberno na base aérea de Cuatro Vientos ([[Madrid]]) e en Jaca, (este último encabezado polos capitanscapitáns [[Fermín Galán]] e [[Ángel García Hernández]], que foron fusilados tras un consello de guerra). En febreiro de [[1931]] o almirante [[Juan Bautista Aznar]] foi designado presidente do consello por Afonso XIII. O seu goberno convocou eleccións municipais o [[12 de abril]] de [[1931]]. Ao coñecerse nas eleccións mencionadas a vitoria nas cidades das candidaturas republicanas, o [[14 de abril]] proclamouse a [[Segunda República Española]]. O Rei abandonou o país ese mesmo día, renunciando á Xefatura do Estado, pero sen una abdicación formal. Viaxou a [[Cartagena, Murcia|Cartagena]] e partiu para [[Marsella]] nun buque da Armada Española para trasladarse dende alí a [[París]].
 
Durante o exilio residiu en diversos lugares, aínda que os últimos anos da súa vida pasounos en [[Roma]]. Tras a morte de Alfonso Carlos de Borbón, duque de San Jaime, pretendente carlista, en [[1936]], recibiu os posibles dereitos do carlismo e do lexitimismo francés. O [[15 de xaneiro]] de [[1941]] renunciou á xefatura da Casa Real en favor do seu fillo Juan. Faleceu o [[28 de febreiro]] de 1941 no Gran Hotel de Roma a causa dunha anxina de peito. Estivo enterrado na igrexa española de Montserrat da capital italiana até que, en [[1980]], o seu neto o rei [[Xoán Carlos I]] ordenou o traslado dos seus restos ao Panteón Real do [[Mosteiro do Escorial]].