Haloquadratum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24:
 
As células conteñen tipicamente gránulos de polihidroxialcanoato (PHA) e grande número de vacúolos cheos de gas que lle proporcionan flotabilidade en ambientes acuosos e poderían situar as células á profundidade que maximice a captación de luz.<ref>{{cite journal |author=Oren A, Pri-El N, Shapiro O, Siboni N |title=Buoyancy studies in natural communities of square gas-vacuolate archaea in saltern crystallizer ponds |journal=Saline Systems |volume=2 |issue= |pages=4 |year=2006 |pmid=16613609 |pmc=1459177 |doi=10.1186/1746-1448-2-4 }}</ref> As células poden unirse con outras para formar láminas de ata 40 [[micron]]s. Estas láminas son moi fráxiles e as conexións entre as células na lámina rompen doadamente.
 
 
''Haloquadratum walsbyi'' é moi abondosa nas augas hipersalinas de todo o mundo. Cando a auga do mar se evapora, orixínanse altas concentracións e precipitación de carbonato de calcio e sulfato de calcio, dando lugr a unha salmoira rica en [[cloruro sódico]] hipersalina. Unha maior evaporación dá lugar á precipitación de cristais de cloruro sódico ou [[halita]], e despois a unha salmoira con [[cloruro magnésico]] concentrado. Durante o estadio final da formación de halita, antes de que as elevadas concentracións de cloruro magnésico fagan que a salmoira se faga estéril, ''H. walsbyi'' se reproduce activamente e chega a constituír o 80% da biomasa da salmoira.