Esquines: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
insiro foto
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 4:
Esquines foi un duro rival de [[Demóstenes]], ao que se enfrontou política e xudicialmente. Esquines representaba a facción promacedonia de Atenas, mentres que Demóstenes reclamaba a guerra contra [[Filipo II de Macedonia|Filipo II]].
== Traxectoria ==
Non están claros os datos relativos ao seu parentesco e aos seus primeiros anos, aínda que parece probábel que os seus pais, aínda que pobres, fosen respectábeis. O pai de Esquines foi Atrometo, un profesor de letras da escola elemental. A súa nai, Glaukotea, asistía nos ritos relixiosos de iniciación para os pobres. Logo de axudar ao seu pai na escola, pasou un tempo como actor, e serviu no [[exército]], onde se distinguiu. Tamén ocupou varios postos de alguacil en tribunais, e en particular nona [[Boulé]].
 
Entre as campañas nas que participou Esquines atópase a de [[Fliúnte]] no [[Peloponeso]] ([[-368]]), a [[batalla de Mantinea (-362)|batalla de Mantinea do ano 362]], e a campaña de Foción en [[Eubea]] ([[-349]]). A caída de [[Olinto]] ([[-348]]) levou a Esquines á area política, e foi enviado nunha embaixada para levantar ao Peloponeso contra [[Filipo II de Macedonia]].