La 2: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
*contenedor>contedor
Liña 71:
En setembro de 2008 introdúcense cambios históricos en todas as canles da Corporación de Radio e Televisión Española [[RTVE]], que supón a asimilación de todas as canles mediante logos corporativos que unifican a marca comercial do grupo. Isto quere dicir que La 2, do mesmo xeito que [[La 1]], ten un logotipo novo, que foi presentado nun avance en xuño de 2008, e que segue mantendo a cor verde como cor corporativa.
 
A partir de [[2010]] TVE promociona La 2 como unha canle cultural e de participación cidadá, sobre todo co magacín diario ''Para todos, La 2''. Ademais, o [[prime time]] da canle comeza a ser dedicado á emisión de cine [[España|español]], [[Europa|europeo]] e [[Cine independente|independente]]. Xunto co cambio horario de [[La 2 Noticias]] e [[Tras La 2]], a nova estratexia pretende relanzar a canle, coa chegada do xa concluído [[apagamento analóxico]] e unha maior oferta de canles na [[TDT]].<ref>[http://www.formulatv.com/1,20091215,13621,1.html 'En La 2', presentado por Mara Torres, novo contenedorcontedor para as tardes de La 2] ''www.formulatv.com,'' Martes, 15 de decembro de 2009.</ref>
 
O [[1 de xuño]] de [[2010]], o Consello de Administración de [[RTVE]] aproba a remodelación da programación e contidos de La 2 de [[Televisión Española]] co obxectivo de situala como a cadea de referencia para a creatividade e o talento, dando máis acceso e voz á cidadanía. Desde ese mesmo mes La 2 deixa de emitir a súa programación deportiva, infantil e parlamentaria e engade programación cultural, con esta medida prodúcese unha fusión entre La 2 e a canle [[Cultural·es]]. Ademais, creouse unha dirección para a canle e a súa xestión trasladouse de [[Torrespaña]] ao centro de TVE Cataluña en [[Sant Cugat del Vallès]] ([[provincia de Barcelona|Barcelona]]).<ref>[http://www.elperiodico.com/es/noticias/tele/20100917/centro-tve-sant-cugat-asumira-direccion/482752.shtml O centro de TVE en Sant Cugat asumirá a dirección de La 2] El Periódico de Catalunya, 17.9.2010</ref>