Víctor Lis Quibén: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 4:
Malia que Lis Quibén nacera en Buenos Aires, a súa familia era orixinaria de [[Cutián, San Xurxo de Sacos, Cotobade|Cutián]], [[Cotobade]].
 
Médico de profesión, actividade que exerceu en Pontevedra, militou politicamente na ideoloxía monárquica. Durante a [[ditadura de Primo de Rivera]] foi membro do [[somatén]]. No 1930 foi nomeado rexedor do concello de [[Pontevedra]]. Nas eleccións municipais de abril de 1931, obtivo acta de concelleiro polo mesmo municipio, cargo do que foi suspendido en 1932 por implicación no intento de [[golpe de Estado]] do xeneral [[José Sanjurjo Sacanell|xeneral Sanjurjo]]<ref>[http://anosdomedo.blogspot.com/2008/03/vctor-lis-quibn.html Cfr. o blog de Xosé Álvarez Castro]</ref>. Nas [[Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia|eleccións de 1933]] foi elixido deputado das Cortes pola [[provincia de Pontevedra]] como candidato da [[Unión Regional de Derechas]], que agrupaba dirixentes dos [[Partido Agrario (España)Español|agrarios]] e da [[Confederación Española de Derechas Autónomas|CEDA]]. Nese mesmo ano, porén, contacta con [[José Antonio Primo de Rivera]], quen o encarga da organización da [[Falange Española]] en Pontevedra, mais Lis Quibén abandonou de seguido as súa fileiras, ingresando en 1934 en [[Renovación Española]]. Nas [[Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia|eleccións xerais de 1936]] foi elixido novamente deputado das Cortes, nas listas de Renovación Española.
 
Ao estalar a [[guerra civil española]] pasa a colaborar inmediatamente cos sublevados, e ocupa a xefatura dunha autodenominada ''Guardia Cívica'', que se dedicou a incautar locais dos sindicatos obreiros e organizacións agrarias de Pontevedra<ref>[http://www.historiaagraria.com/pdfs/ii_asociacionismo/II-cabocabana.pdf XI congreso de cooperación agraria]</ref>. Participou tamén na detención do deputado [[Ignacio Seoane Fernández]], nos [[sucesos de Salcedo]] ([[12 de decembro]] de [[1936]]) e na operación na que resultou morto o "escapado" [[Manuel González Fresco]], ''O Fresco'' ([[1937]]). Nese mesmo ano a ''Guardia Cívica'' foi disolta. En total, está considerado responsábel da morte de 20 persoas e da detención de 30 máis. Ascendido ao grao de capitán médico de complemento dentro do corpo de Sanidade Militar, Lis Quibén proseguiu o resto da guerra incorporado ao exército franquista. Terminada a contenda abandonou a política, dedicándose ao exercicio da profesión médica e á investigación [[Etnografía|etnográfica]] na que xa publicara algún traballo nos anos da Segunda República, paradoxalmente iniciada na ''[[Revista Nós]]''.
Liña 16:
 
A obra principal de Lis Quibén, que en parte recolle materiais anteriores, publicados en revistas foi:
* ''La medicina popular en Galicia'' (1949), reeditada en Madrid, por Akal Editor en 1980 ISBN 84-7339-503-4.
 
==Notas==