Diferenzas entre revisións de «Flandres zelandés»

Arranxos
(ampliación)
(Arranxos)
Esta rexión está culturalmente moi vinculada cara ao [[Flandres]] [[Bélxica|belga]], e o dialecto do [[neerlandés]] que falan os seus habitantes é máis semellante ao de [[Gante]] (gantés) que aos outros dialectos falados nos [[Países Baixos]].
 
A rexión, cunha actividade económica ben desnvolvidadesenvolvida, aséntase sobre chairas fluviais, e conta cunha agricultura intensiva, algunhas zonas industriais e unha actividade turística na súa costa do [[mar do Norte]] e nas súas cidades históricas.
 
Está formada por tres municipios: [[Sluis]] (ou Esclusa), ao oeste; [[Terneuzen]], no centro e [[Hulst]], ao leste. O centro urbano principal é Terneuzen, cidade portuaria e con importantes instalacións industriais.
 
O territorio estivo até o [[14 de marzo]] de [[2003]] unido ao resto dos Países Baixos unicamente, por vía fluvial, mediante os servizos dos [[transbordador]]es do ''Provinciale Stoombootdiensten in Zeeland'' (Servizo provincial de barcos de vapor de Zelandia) ou, por vía terresytreterrestre, mediante un ''rodeo'' vía [[Bélxica]]. Nesa data inaugurouse o [[Túnel do Escalda occidental]] (''Westerscheldetunnel''), que une Terneuse con [[Ellewoutsdijk]] ([[Zuid-Beveland]]), e que constitúe actualmente a unión principal entre o Flandres zelandés e o resto da provincia. Así, a día de hoxe, suprimiuse o servizo de transboirdadortransbordador [[Perkpolder]]-[[Kruiningen]], mentres que o servizo [[Breskens]]-[[Flessingue]] foi substituído por un transbordador reservado unicamente a peóns e ciclistsas.
 
== Xeografía ==
Pódese dividir o Flandres zelandés nunha parte oriental e outra occidental, separadas antigamente por opolo [[Braakman]], un vello brazo de mar en gran parte [[polder|polderizado]], e a día de hoxe polo canal Gan Terneuzen. Ao longo deste canal encóntranse zonas industriais como as de Terneuzen ou a de [[Sas van Gent]].
 
Nos dous extremos do territorio existen importantes reservas naturais: no oeste, a de [[Zwin]], na fronteira con Bélxica, e, ao leste, a ''Verdronken Land van Saeftinghe'' (a Terra inundada de [[Saeftinghe]]).
Despois da fusión de concellos do [[1 de xaneiro]] de [[2003]], no territorio do Flandres zeladés non quedan máis que tres: A Esclusa, Terneuzen e Hulst.
 
* No oeste, o concello da [[Esclusa (Países Baixos)|Esclusa]], bordeado polo [[mar do Norte]], ocupado principalmente en atraer aosos turistas para que pasen as súas vacacións na costa. [[Cadzand]] é a estación balnearia máis coñecida. A antiga vila fortificada da Esclusa, coa súa [[torre de asedio]] (a única conservada nos Países Baixos), e [[Aardenburg]] son tamén moi estimadas polos turistas.
* O concello de [[Terneuzen]] encóntrase no centro do Flandres zelandés e bordea o industrializado canal Gan Terneuzen. Terneuzen é esencialmente unha cidade obreira. A vila [[Mitilicultura|mitilícola]] de [[Philippine (Países Baixos)|Philippine]] é tamén unha atracción turística.
* O concello de [[Hulst]], ao leste, perfílase como ''a vila máis flamencaflamenga dos Países Baixos''. É sobre todo o estilo de vida [[Países Baixos borgoñóns|borgoñón]] da vila fortificada o que atrae a numerosos turistas belgas.
 
O Flandres zelandés é, cunha densidade de poboación de 147 habitantes par km², unha rexión debilmente poboada en comparación coa media neerlandesa, e tamén ten una densidade de poboación que as provincesprovincias flamengas belgas ([[Provincia de Flandres occidental|Flandres occidental]] e [[Provincia de Flandres oriental|Flandres oriental]]), ao sur.
 
Cómpre resaltar que a fronteira entre o Flandres zelandés e Bélxica está practicamente en harmonía coas diferenciasdiferenzas da xeografía física do [[subsolo]]: o [[solo]] no Flandres zelandés é [[arxila|arxiloso]], mentres que os terreos do lado belga son máis ben [[area|areosos]].
 
== Historia ==
A xeografía da rexión cambiou considerabelmente ao longo da historia. Aínda que o territorio forma agora parte do [[Europa|continente europeo]], non foi sempre así. Por exemplo, Terneuzen, [[Zaamslag]] e [[Axel]] eran orixinariamente unha illa que foi poboada por xentes da beira oposta ([[Walcheren]]). A poboación desta parte da rexión temten conviccións fortemente calvinistas. En [[Zaamslagveer]], na parte oriental, comeza o verdaderioverdadeiro continente: é o país de [[Hulst]], que sempre tivo un carácter firmemente católico; foi conquistada tardiamente pola [[Provincias Unidas|República das Provincias Unidas]]. Toda a rexión estivo na liña da fronte durante a [[guerra dos Oitenta Anos]] e cando, finalmente, foi conquistada, converteuse nunha [[Terra da Xeralidade]].<ref>As Terras da Xeralidade (''Generaliteitslanden'' en neerlandés) eran territorios da República dos Sete Países Baixos Unidos baixo administración directa dos Estados Xerais. En contraste coas Sete Provincias que constituían a República (Groninga, Frisia, Overijssel, Güeldres, Utrecht, Holanda e Zelandia), as Terras da Xeralidade non dispoñían de voto no goberno do país. Eran antigas rexións católicas que no curso da guerra dos Oitenta Anos pasaron da soberanía españolas á holandesa. Funcionaban como «territorios ocupados» e servían de zona de contención entre a República e os Países Baixos españois.</ref> Hoxe, católicos e protestantes conviven sen problemas, aínda que poden observarse algunhas diferenzas culturais entre eles.
 
Ao oeste de Terneuzen, había orixinariamente moita auga: o [[Braakman]], un brazo de mar que só se embalsou na década de [[1950]], é un vestixio. A rexión occidental tamén ten unha historia turbulenta. [[Breskens]] non se chama por casualidade ''de Bresjes'' (en [[neerlandés|flamengo occidental]]: na zona había moitos illotes). [[Zwin]], que actualmente é un funil de marea que constitúe a fronteira vadeábel do estado, foi unha vez un gran brazo de mar que enlazaba [[Bruxas]] vía [[Damme]] co [[mar do Norte]]. A [[Esclusa (Países Baixos)|Esclusa]] encóntrase hoxe nunha fermosa zona do interior, pero a [[batalla da Esclusa]] en [[1344]] foi realmente unha batalla naval.
 
Despois de que [[Bélxica]] conquistara a súaasúa [[Revolución belga|independencia]] en [[1830]], a rexión converteuse esencialmente nun paraíso para o tráfico de, entre outros artigos, [[manteiga]] e [[cigarro]]s, aínda que tamén ten instalacións militares. Terneuzen sempre tivo un [[arsenal]], e na fronteira, cerca de [[Knokke]] encóntrase a vila de [[Retranchement]] e as ruínas das fortificacións, moitas aínda por descubrir. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]], se prepararonpreparáronse plans de anexión de Bélxica en compensación polos danos sufridos. Entre otrasoutras reaccións, compúxose a canción patriótica do Flandres zelandés.
 
Unha especie de conciencia nacionalista renovada apareceu na rexión en [[1958]] durante accións de protesta para defender os ''Vrije Veren'' (os "transbordadores gratuítos") levadas a cabo polo comerciante de gando [[Honoré Colsen]], orixinario de [[Sluiskil]].
 
== Véxase tamén ==
{{commonscommonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Zelandia]]
40.144

edicións