Artrite reumatoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Medicina mediante HotCat
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
Liña 1:
{{Medicina en progreso}}
[[Ficheiro:Rheumatoid Arthritis.JPG|miniatura]]
A '''artrite reumatoide''' (AR) é unha [[doenza]] autoinmune, caracterizada polo feito de provocar [[inflamación]] crónica nas [[Articulación (anatomía)|articulación]]s, e que produce unha destrución paseniña con diferentes graos de deformidade e incapacidade funcional. Ás veces, o seu comportamento é extraarticular, de xeito que pode causar lesións noutros lugares anatómicos fóra da articulación, como pode ser as [[cartilaxe]]s, os [[óso]]s, os [[tendón]] ou os [[ligamento]]s das articulacións. Pode afectar a diversos órganos e sistemas, como os [[ollo]]s, os [[pulmón]]s, o [[corazón]] ou os vasos sanguíneos.
Aproximadamente o 1% da poboación mundial está afectada pola artrite reumatoide, sobre todo as [[muller]]es, que son 3 veces máis susceptíbeis ca os [[home]]s de padecer a [[doenza]]. A aparición adoita acontecer entre os 40 e os 50 anos de idade, malia que pode aparecer en calquera idade. A artrite reumatoide pode chegar a ser unha doenza dolorosa e altamente incapacitante. É diagnosticada fundamentalmente polos signos e síntomas clínicos, así coma certos exames de laboratorio, incluíndo o [[factor reumatoide]] (FR) e a [[radioloxía]]. Tanto o diagnóstico coma o tratamento da AR é levado por especialistas en [[reumatoloxía]].