Luigi Pirandello: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 14:
'''Luigi Pirandello''', nado en [[Agrigento]], [[Sicilia]] o [[28 de xuño]] de [[1867]], e finado en [[Roma]] o [[10 de decembro]] de [[1936]], foi un recoñecido [[dramaturgo]], [[novela|novelista]] e [[escritor]] de [[relato]]s curtos [[italia]]no, gañador en [[1934]] do [[Premio Nobel de Literatura]].
 
== BiografíaTraxectoria ==
Naceu o 28 de xuño de [[1867]] en Villaseta de Càvusu, chamada actualmente [[Xaos]] (en todo caso a etimoloxía de tal lugar, segundo o mesmo Pirandello, derivaría da palabra grega [[Kaos]]). No [[século XX]] Càvusu/Xaos transformouse nunha "''contrada''" ou [[suburbio]] da cidade siciliana de Agrigento, motivo polo que é frecuente que en moitos textos se dea como lugar de nacemento a cidade de Agrigento, e incluso a cidade veciña de [[Porto Empedocle]].<br />
Luigi Pirandello era fillo de Caterina Ricci-Gramitto e de Stefano Pirandello, comerciante [[Giuseppe Garibaldi|garibaldino]] de [[clase media]] pero de ascendencia ilustre, inversor na industria do [[sulfuro]]. Tanto os Pirandello como os Ricci-Gramitto eran fortemente anti[[Borbón|borbónicos]] e participaban activamente no movemento "Il [[Risorgimento]]", destinado á unificación democrática de Italia.