Diferenzas entre revisións de «Acción Gallega»

m
m (Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q11904082)
m (→‎Actividade: lig int)
O programa de mitins de Acción Gallega iniciouse por terras de [[Meira]] e son Basilio Álvarez, Prudencio Canitrot, Cánovas Cervantes e Rafael Carvajal, os oradores principais. As eleccións de deputados ás [[Cortes españolas]] de [[1910]] permitiulles participar na campaña activamente presentando tres candidatos: Rafael Carvajal, polo distrito de [[Mondoñedo]]; Alfredo Vicenti, polo de [[Becerreá]], e Manuel Portela Valladares, polo da [[Fonsagrada]]. O éxito foi resoante no de Portela Valladares e só as trampas dos caciques impediron o triunfo de Vicenti. Acción Gallega contou, deste xeito, cun deputado en Cortes.
 
Nesta primeira etapa o que se pretendeu foi darlle un sentido único ao agrarismo galego escindido en distintas frontes (solidarios, antiforistas, sindicalistas, etc). Deste intento naceu neste mesmo ano de [[1910]], o primeiro bosquexo de partido agrario en Galiza, que se precipita na [[Liga Agraria Agrario-Redencionista]], que tivo un fracaso tan significativo coma contundente. Acción Gallega, integrada por homes dun gran prestixio público en Madrid, non pasou de ser nesta primeira formulación, outra cousa que o eco que reforza, coa publicidade dos grandes diarios, a importancia da campaña agraria. Pasado o momento da Liga, probado o fracaso, incluso a revista ''Acción Gallega'' desaparece.
 
No ano 1911 unha serie de acontecementos fan que o movemento se radicalice, e pasa a ser a encarnacion e consecuencia da biografía de Basilio Álvarez. Basilio era entón abade da freguesía campesiña de [[Beiro, Ourense|Beiro]], inmediata á capital ourensá. Dous acontecementos case simultáneos levárono a este lugar, con potente asociación campesiña e clara inclinación ao [[socialismo]]: a súa dimisión do cargo de director de ''[[El Debate]]'', diario católico, e o asasinato do cura párroco de Beiro. O bispo de Ourense pensou entón en Basilio Álvarez, home de prestixio na cidade das burgas, para esta difícil freguesía. Grazas a este traslado, o novo cura de Beiro puido ter relación co grupo de Acción Gallega destacado en Madrid. Tras isto chegan os anos fortes do movemento, [[1912]]- [[1913]], que rematan ben entrado en [[1914]].
94.728

edicións