Diferenzas entre revisións de «Día Internacional dos Traballadores»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Día do traballo. Santiago de Compostela 2009 49.jpg|miniatura|222px|Día Internacional dos Traballadores, [[Santiago de Compostela]], [[2009]].]]
O '''Día Internacional dos Traballadores''' ou '''Día Internacional do Traballo''' ou '''Primeiro de Maio''', é a festa por antonomasia do [[movemento obreiro]] mundial.
 
Unha das reivindicacións básicas dos traballadores era a xornada de 8 horas, encadrada en facer valer a máxima ''oito horas para o traballo, oito horas para o sono e oito horas para a casa''. Neste contexto producíronse varios movementos. En [[1829]] formouse un movemento para solicitar á lexislatura de [[Nova York]] a xornada de oito horas. Anteriormente existía unha lei que prohibía traballar máis de 18 horas, ''salvo caso de necesidade''. Se non había tal necesidade, calquera funcionario dunha compañía de ferrocarril que obrigase a un maquinista ou fogoneiro a traballar xornadas de 18 horas diarias debía pagar unha multa de 25 [[Dólar estadounidense|dólar]]es.
 
A maioría dos obreiros estaban afiliados á [[Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo]], pero tiña máis preponderancia a ''[[American Federation of Labor]]'' ([[Federación Estadounidense do Traballo]]), inicialmente [[socialista]] (algunhas fontes sinalan a súa orixe [[Anarquismo|anarquista]]). No seu cuarto congreso, realizado o [[17 de outubro]] de [[1884]], resolvera que desde o [[1 de maio]] de [[1886]] a duración legal da xornada de traballo debería ser de oito horas. En caso de non obter resposta a este reclamo, iríase a unha [[folga]]. Recomendaba a todas as unións sindicais a tratar de facer promulgar leis con ese contido en todas as súas xurisdicións. Esta resolución espertou o interese de todas as organizacións, que vían que a xornada de oito horas posibilitaría obter maior cantidade de postos de traballo (menos desocupación). Eses dous anos acentuaron o sentimento de solidariedade e acrecentou a combatibilidadecombatividade dos traballadores en xeral.
 
En 1886, o [[presidente dos Estados Unidos]] [[Andrew Johnson]] promulgou a chamada ''[[Lei Ingersoll]]'', establecendo as 8 horas de traballo diarias. Ó pouco tempo, 19 estados sancionaron leis que permitían traballar xornadas máximas de 8 e 10 horas (aínda que sempre con cláusulas que permitían facer traballar ós obreiros entre 14 e 18 horas). As condicións de traballo eran semellantes, e as condicións en que se vivía seguían sendo insoportables.
<center>
<gallery>
Ficheiro:Día do traballo. Santiago de Compostela 2009 89.jpg|[[Día Internacional dos Traballadores]], [[Santiago de Compostela]]
Ficheiro:Día do traballo. Santiago de Compostela 2009 90.jpg|[[Día Internacional dos Traballadores]], Traballo de calidade na nosa nación
Ficheiro:Día do traballo. Santiago de Compostela 2009 88.jpg|[[Día Internacional dos Traballadores]], En defensa do ensino galego
</gallery>
</center>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Movemento obreiro]]
* [[Sindicalismo revolucionario]]
* [[Revolta de Haymarket]]
* [[Anarquismo]]
* [[Socialismo]]
186.619

edicións