Diferenzas entre revisións de «Tales de Mileto»

(→‎Contos: Arranxos)
 
== A Cosmoloxía de Tales ==
Na época de '''Tales''', os gregos – a través da súa [[mitoloxía grega|mitoloxía]] – consideraban os elementos da Natureza (o Sol, a Terra, o Ceo, o Océano, as Montañas, etc.) como forzas autónomas, honrándoos como deuses, elevados pola fantasía a seres activos, móbeis, conscientes e dotados de sentimentos, vontades e desexos. Estes deuses constituían a fonte e a esencia de todas as cousas do universo.
 
'''Tales''' foi un dos primeiros pensadores en discordar desa relixión vixente, cuxos principios eran ditados pola percepción que os homes captaban a través dos seus sentidos. O punto de partida da teoría especulativa de Tales – como tamén de todos os demais filósofos da [[escola Xónicaxónica]] – foi a verificación da permanente transformación das cousas unhas noutras e a súa intuición básica é de que todas as cousas son unha soa cousa fundamental, ou un só principio ("''arché''").
 
Dos escritos de Tales, ningún deles sobreviveusobreviviu ata os nosos dias. As suassúas ideas filosóficas coñécense grazas aos traballos de [[Dióxenes Laercio]], [[Simplicio]] e principalmente [[Aristóteles]].
 
Na súa obra - '''Metafísica''', Aristóteles cóntanos: “Tales di que o principio de todas as cousas é a auga, sendo talvez levado a formar esa opinión, por ter observado que o alimento de todas as cousas é húmido e que o propio calor é xerado e alimentado pola humidade. OraPolo tanto, aquilo de que se orixinan todas as cousas é o principio delas. De aí lle veu esa opinión, e tamén a de que as sementes de todas as cousas son naturalmente húmidas e de ter orixe na auga a natureza das cousas húmidas”. E en ''Da Alma'' escribe: “E afirman algúns que ela (a alma) está mesturada co todo. É por iso que, talvez, Tales pensou que todas as cousas están cheas de deuses. Parece tamén que Tales, polo que se conta, supuxo que a alma é algo que se move, se é que dixo que a pedra (imán) ten alma, porque move o ferro”.
 
No seu libro – '''Da Alma''', Aristóteles escribe: “E afirman alguns que ela (a alma) está mesturada co todo. É por iso que, talvez, Tales pensou que todas as cousas están cheas de deuses. Parece tamén que Tales, polo que se conta, supuxo que a alma é algo que se move, se é que dixo que a pedra (imán) ten alma, porque move o ferro”.
 
Ese esforzo investigador de Tales no sentido de descobrir unha unidade, que seria a causa de todas as cousas, representa unha mudanza de comportamento na actitude do home perante o [[Universo|cosmos]], pois abandona as explicacións relixiosas ata entón vixentes e busca, a través da razón e da observación, un novo sentido para o universo.
Cando Tales dixo que todas as cousas están cheas de deuses, ou que o magnetismo se debe á existencia de “almas” dentro de certos minerais, el non estaba invocando as palabras ''deus'' e ''alma'', no sentido relixioso como as coñecemos actualmente, mais si adviñando intuitivamente a presenza de fenómenos naturais inherentes á propia materia.
 
Aínda que as súas conclusións cosmolóxicas estivesen erradas podemos dicir que a Filosofía comezou entón con '''Tales''', que ao establecer a proposición de que a auga é o absoluto, provoca como consecuencia o primeiro distanciamento entre o pensamento racional e as percepcións sensíbeis.
 
== Contos ==
39.831

edicións