Sabugueiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 45:
 
== Esoterismo ==
Tamén se lle atribuían ao sabugueiro virtudes máxicas, sendo unha planta sagrada no [[CulturaCelta celta(cultura)|mundo celta]]. Dende a antigüidade empregábanse as varas co fin de simbolizar o poder sobre o mundo "invisíbel".
 
En Galiza o sabugueiro úsase na véspera de San Xoán coma herba máxica , especialmente as flores, que reciben o nome de flores de San Xoán (véxase o artigo: [[Herbas de San Xoán]]).
 
Tense tamén a crenza de que queimar a madeira do sabugueiro é perigoso. O viño de sabugo disque foi o derradeiro agasallo da Deusa Terra, polo que non debe ser bebido pola xente común, senón por sacerdotes ou meigos, xa que posibelmente produciría alucinación, polo que se empregaba en rituais de adiviñación. Non respectar as normas de conducta e arrincar pólas de sabugueiro ou comer os froitos traía a má sorte; diciánse tamén que a persoa que tallase un sabugueiro podía quedar cega e incluso perder os seus fillos, e no mellor dos casos, ver enfermar o seu gado. Polo que segundo a mitoloxía cómpre tratar esta planta con respecto e antes de apañar follas, froitos ou pólas deberemos pedir permiso e agradecer deixando unha ofrenda dos nosos cabelos, unhas moedas ou algo de mel.