La Vila Olímpica del Poblenou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
rañaceo -> rañaceos [sempre termina en "s"]
Liña 7:
O deseño do conxunto, e a súa posterior transformación en barrio residencial, fíxose da man dun equipo de arquitectos composto principalmente por [[Oriol Bohigas]], [[Josep Martorell]], [[David Mackay]] e [[Albert Puigdomènech]]. A operación urbanística supoñía, á vez, a recuperación desta fronte litoral pola cidade e a creación de espazos de lecer como o [[Port Olímpic de Barcelona|Porto Olímpico]], os parques do Port e da Nova Icària e a praia deste mesmo nome.
 
O proxecto inicial contemplaba a construción de catro [[rañaceorañaceos]]s, en lugar dos dous actuais, como unha clara referencia ás [[Catro Columnas]] xónicas de [[Josep Puig i Cadafalch]] na montaña de [[Montjuïc, Barcelona|Montjuïc]] derrocadas durante a [[ditadura de Primo de Rivera]] e repostas en [[2010]].<ref name="quatre">directe.cat, 7 de setembro de 2009, [http://www.directe.cat/punt-de-mira/16324/les-quatre-torres Les quatre torres]</ref> O MOPU, o antigo Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo, considerou que, de acordo coa lei de costas recentemente aprobada, non era posible a construción de catro torres e estimou que dous era o máximo de rañaceos que se poderían edificar.<ref name="quatre"/> Os sectores máis nacionalistas considerárono como unha clara provocación xa que coas catro torres crearíase unha [[estelada]] xigante.<ref name="quatre"/><ref>''La ciudad de los arquitectos'', Barcelona, Anagrama, 1994, de Llàtzer Moix</ref>
 
A [[Torre Mapfre]] está situada neste barrio, mentres que o adxacente [[Hotel Arts]] e a escultura ''Peix'' de [[Frank O. Gehry]] atópanse ao extremo do barrio de [[La Barceloneta]]. No barrio da Víla Olímpica tamén se atopa a prisión de Wad-Ras, o [[Port Olímpic de Barcelona|Porto Olímpico]], o Parque da Nova Icària e un campus da [[Universidade Pompeu Fabra]], situada nas renovadas instalacións duns antigos cuarteis militares. A biblioteca da Universidade ocupa o singular edificio do Depósito das Augas, que antigamente alimentaba a fonte do veciño [[Parque da Ciutadella]].