Franquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Sen resumo de edición
Liña 9:
Acabada a [[Guerra Civil Española]] coa vitoria dos autodenominados ''nacionais'', Franco pasou a ser a cabeza do Estado, proclamándose ''Caudillo de España pola graza de Deus''. Nos primeiros anos, o réxime franquista levou a cabo unha forte [[represión política|represión]] contra os adversarios, a súa función era fundamental para paralizar o inimigo polo terror e estaba alentada polos máximos dirixentes<ref>Josep Fontana (ed.) ''op. cit.'' páxina 18</ref>, deu apoio a [[Hitler]] e a [[Mussolini]] (quen o apoiaran na guerra civil) e practicou unha política [[Economía|económica]] [[autarquía|autárquica]]. Máis adiante, máis dunha década despois, o réxime estableceu contactos cos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e cambiou a política económica. Nos [[anos 60]] produciuse un incremento notable en comparanza cos niveis mínimos da última época do nivel de vida da poboación en xeral (propiciado polo ''desenvolventismo'' económico), se ben o nivel de liberdade persoal e política non aumentou consecuentemente.
 
O franquismo como réxime político oficial rematou coa morte de [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]], que foi sucedido por decisión propia do xeneral polo rei [[Xoán Carlos I]] como Xefe de Estado, tras xurar os [[Lei de Principios do Movemento Nacional|Principios do Movemento Nacional]], o máis parecido a unha "Constitución franquista". A [[Transición española|transición]] cara a un sistema político baseado nunha [[democracia parlamentaria]] foi relativamente moderada, tirantes as continuas ameazas de revoltas militares e a forte mobilización das masas traballadoras e estudiantís (véxase [[oposición ó franquismo]]).
 
==Ideoloxía==