Paul Samuelson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 53 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q102454
m →‎Biografía: arranxiño
Liña 6:
Paul Anthony Samuelson naceu en [[Gary]], [[Indiana]], o [[15 de maio]] de [[1915]], no seo dunha familia xudía, aínda que non practicante. Estudou economía na [[Universidade de Chicago]] na que se graduou en [[1935]]. Doutorouse na [[Universidade Harvard]] en [[1941]] sob a supervisión de [[Joseph Schumpeter]] e [[Wassily Leontief]]. Foi profesor no [[Massachusetts Institute of Technology]] (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) e membro da [[Econometric Society]], da [[American Economic Association]] e da [[International Economic Association]].
 
A súa obra máis importante é ''Foundations of Economic Analysis'' (Fundamentos de Análise Económica, 1947), que se considera coma unha das obras fundamentais das ciencias económicas modernas, que desenvolve en termos matemáticos. É tamén autor dun manual de economía moi coñecido, ''Economics: An Introductory Analysis'' (Economía: unha análise introdutoria, 1948). O seu traballo ten sido calificadocualificado como a "grande síntese neoclásica" de [[John Maynard Keynes]] e os seus antecesores.
 
Samuelso estudou tamén o dominio da [[teoría dos xogos]] e a [[programación lineal]] (''Linear Programming and Economic Analysis'', 1958, en colaboración con [[Robert Dorfman]] e [[Robert Solow]]); a [[economía do benestar]] e a análise da dinámica económica. Foi un dos un dos economistas que desenvolveu as [[curvas de indiferencia]], que permiten o estudo da [[utilidade]] marxinal. Ocupouse aínda dos problemas da economía real.