Adolfo Vázquez Gómez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 5:
Estudou o bacharelato en [[Lugo]] e despois comezou a carreira militar, aínda que a deixou para dedicarse ao xornalismo. Iniciou as súas colaboracións en ''[[El Regional]]'' e ''[[Galicia Moderna (A Habana)|Galicia Moderna]]'', e dirixiu ''[[Galicia Liberal]]'', en [[Santiago de Compostela]]. Marchou a [[Madrid]], onde foi redactor de ''[[La República]]'' e colaborou en ''[[La Guindilla]]'' e ''[[El Combate]]''. Militante do federalismo republicano de [[Francesc Pi i Margall]], participou no movemento revolucionario de 1886, polo que tivo que exiliarse en [[Portugal]], onde fundou ''[[El Galleguito]]'' en [[Lisboa]] e colaborou en ''España'' e ''A sentinela da Fronteira''. Marchou a [[Francia]] en [[1887]] e regresou a Portugal ao ano seguinte.
 
Coa amnistía de [[1889]] regresou a Galicia instalándose en [[Betanzos]] onde colaborou en ''[[Las Riberas del Mendo]]'' e ''[[¡Ya somosSomos tresTres!]]'', e fundou os diarios ''[[El Valdoncel]]'' e ''[[El Mendo]]''. En Betanzos foi presidente do Ateneo Obreiro, do Centro Republicano Federal e do Orfeón Eslava. Na [[Coruña]] foi redactor do periódico republicano ''[[El Telegrama]]'' e foi elixido presidente da Xuventude Republicana Coruñesa.
 
En [[1892]] marchou a [[Buenos Aires]], onde fundou ''[[El Pabellón Español]]'', e un ano máis tarde trasladouse a [[Montevideo]] onde dirixiu ''[[El Intransigente]]'' foi xerente de ''El Liberal'' e dirixiu ''[[El Socialista]]''. Máis tarde, na localidade de [[Paysandú]] presidiu a Asociación Liberal de Socorros Mutuos e o Comité de Auxilios de Sicilia e Calabria e dirixiu o periódico ''El Paysandú''.