Ruta rosaliana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 9:
Comeza o itinerario na praza de Vigo en [[Santiago de Compostela|Compostela]], ao pé do monumento a Rosalía de Castro, que se lle dedicou á poetisa romántica en 1982, no lugar onde Rosalía naceu, nunha casa hoxe desaparecida, a carón do ''Camiño Novo''. Por trás da casa estendíanse os campos de ''San Xosé'', de ''Ramírez'' e de ''Cornes'', hoxe integrados na zona urbana de Santiago.
 
* Recomendase neste lugar a seguinte lectura: [http://consellodaculturabitaculas.orgas-pg.com/rosalia2013literaria/2012/03/06/en-cornes/rosalia_en_cornes.pdf En Cornes], de [[Follas Novas]].
[[Ficheiro:Seminario en Ortoño.JPG|250px|miniatura|Ortoño; ''*Aquí naceu o Seminario de Estudos Galegos * XII-X-MCMXXIII*'']]
=== Ortoño ===
{{Coordenadas|42|51|09|N|08|38|18|W|type:city }}
 
Pasou Rosalía a súa infancia en [[Ortoño, Ames|Ortoño]], concello de [[Ames]], no ''Castro de Ortoño'', domicilio da familia paterna. Neste lugar fundouse en conmemoración da figura de Rosalía o [[Seminario de Estudios Galegos]] en 1923.
Liña 19:
 
=== Bastavales ===
{{Coordenadas|42|49|27|N|08|40|13|W|type:city }}
[[Ficheiro:Bastabales Igrexa 05eue.jpg|miniatura|280px|Igrexa de San Xulián de Bastavales.]]
San Xulián de [[Bastavales, Brión|Bastavales]] é unha importante freguesía da arcebispado compostelán. Na aldea de [[Soigrexa, Bastavales, Brión |Soigrexa]] tivo residencia esporádica Rosalía. As campás do templo de Bastavales son un dos seus elementos máis singulares, instaladas en 1828. Rosalía podía escoitalas dende a casa do ''Castro de Ortoño''.
Liña 35:
[[Ficheiro:Padrón Galicia Xullo 2006 13.jpg|miniatura|240px|Estatua de Rosalía no Espolón.]]
=== Padrón ===
{{Coordenadas|42|44|20|N|08|39|41|W|type:city }}
 
A vila de [[Padrón, Padrón|Padrón]] está vinculada tamén coa poetisa galega. Na vila padronesa podemos atopar a casa onde Rosalía viviu, na rúa Juán Rodriguéz, camiñar paseniño polo Espolón ou pasear sosegadamente polo [[xardín botánico de Padrón]].
 
* Lectura recomendada: [http://poemasderosalia.blogspot.com.es/2010/10/estranxeira-na-sua-patria.html Extranxeira na súa patría], ende Follas Novas.
 
=== Pazo de Arretén ===
{{Coordenadas|42|44|45|N|08|38|47|W|type:city }}
 
Na [[Arretén, Iria Flavia, Padrón|Arretén]], o pazo dos devanceiros maternos de Rosalía, coñecido como a ''Casa Grande'' e así aparece nos versos de Rosalía. O pazo está delicadamente restaurado.
 
* Lectura recomendada: [http://bitaculas.as-pg.com/literaria/2010/01/27/o-pazo-de-a/ O pazo de Arretén] de Follas Novas.
[[Ficheiro:Facade of Rosalía de Castro Museum in Iria Flavia, Padrón, Galicia, Spain-001.jpg|miniatura|280px|Casa Museo de Rosalía.]]
=== Casa da Matanza ===
{{Coordenadas|42|44|18|N| 8|39|07|W|type:city}}
 
A Casa Museo está na aldea da [[A Matanza, Iria Flavia, Padrón|Matanza]], regresando do pazo de Arretén. A visita ó museo, xunta coa horta, representa un dos puntos culminantes da Ruta Rosaliana.
 
A [[Casa da Matanza]] é a casa na que Rosalía viviu os derradeiros anos da súa vida.
Neste espazo faise un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Na planta baixa, denominada ''O perfil dunha sombra'', o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora. Na primeira planta, denominada ''O seu'', proponse unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga.
[[Ficheiro:Igrexa de Santa María de Iria Flavia, Padrón.jpg|miniatura|280px|Colexiata de Iria Flavia.]]
Lectura recomendada: [http://bitaculas.as-pg.com/literaria/2012/02/14/mina-casina-meu-lar/ Miña casiña, meu lar], de Follas Novas.
 
=== Colexiata de Iria Flavia ===
{{Coordenadas|42|44|45|N| 8|39|20|W|type:city}}
 
A igrexa de [[Iria Flavia]] está rodeada por un fermoso adro. É o cemiterio onde estivo soterrada entre 1885 e 1891, a tumba está sinalizada. É o cemiterio de Adina que canta Rosalía, unha antiga necrópole do século V.
 
Lectura recomendada: [http://bitaculas.as-pg.com/literaria/2012/02/01/padron-padron/ ¡Padrón...! ¡Padrón...!], de Follas Novas.
 
=== O Panteón de Galegos Ilustres ===
{{Coordenadas|42|52|58|N|08|32|19|W|type:city}}
[[Ficheiro:Tumba de Rosalía de Castro. Convento de San Domingos de Bonaval.jpg|miniatura|250px|Mausoleo de Rosalía en Bonaval.]]
En San Domingos de Bonaval de volta en Santiago conclúe a viaxe. En Bonaval está o Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos Ilustres. Neste lugar sagrado e intimo podemos contemplar o mausoleo de Rosalía.
 
Lectura recomendada: [http://bitaculas.as-pg.com/literaria/2009/08/19/adios/ !Adiós¡], de Follas Novas.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Rosalía de Castro]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://rosaliadecastro.org/webvella/ Ruta Rosaliana], na vella web da ''Fundación Rosalía de Castro''.
*[[Ficheiro:High-contrast-camera-video.svg|20px]] [https://www.youtube.com/watch?v=Uxn8X20V81k ''Pelerinaxe Lírica aos lugares Rosalianos''], documental sobre a homenaxe feita en 1951.
*[[Ficheiro:High-contrast-camera-video.svg|20px]] [http://www.youtube.com/watch?v=k1Q3-HelBh0 Ruta Rosaliana], ''Tralas pegadas de Rosalía de Castro''], breve descrición do itinerario.
 
 
[[Categoría:Lugares rosalianos]]