Cultura castrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3296556 de 80.36.22.212 (conversa)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3296551 de 80.36.22.212 (conversa)
Liña 1:
{{Historia Galega}}
A '''cultura castrexa''' foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da [[Península Ibérica]], célticas e similares ás dos outros pobos da Europa Atlántica, insular e continental, que durou desde finais da [[Idade do Bronce]] (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como [[castro (poboado)|castros]] (do latín ''castrum'', campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de [[citania]]s determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos [[Río Navia|Navia]] e [[Río Túa|Túa]] polo leste e o [[Río Douro|Douro]] polo sur.
 
Desenvolveuse durante a [[Idade do Ferro]] sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade do Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían consideradas tradicionalmente [[celtas]] e de aí a identificación tanto culta como popular e mítica que deu raíz ao [[celtismo]]. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara o interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura [[Imperio romano|romana]] no século II a.C. e continuou na forma de [[Gallaecia|Cultura Galaico-romana]] despois da [[Romanización de Galicia|invasión romana]] e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.