Vía catalá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado algo máis
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''vía catalana cara a independencia''' (en {{lang-ca|Via Catalana cap a la Independència}}), máis coñecida como '''vía catalana''', foi unha [[cadea humana]] duns 400 quilómetros feita en [[Cataluña]] a proposta da [[Assemblea Nacional Catalana]] (ANC) para a [[diada de Cataluña|diada do 11 de setembro]] de [[2013]]. O seu obxectivo era reivindicar a [[independentismo catalán|independencia de Cataluña]].<ref name="wsj">{{cita publicación periódica|apelido=Moffett|nome=Matt|título=Catalan Separatists to Link for Independence Cause|publicación=[[The Wall Street Journal]]|data=5 de setembro de 2013|url=http://online.wsj.com/article/SB10001424127887324324404579041122800860290?mg=reno64-wsj.html?dsk=y|lingua=inglés}}</ref> Contou co apoio das 14 entidades non gubernamentais que colaboran na iniciativa ElClauer.cat.<ref name="wsj"/><ref>{{Cita web|url=http://via.assemblea.cat/ca/qui-som.html|título=Qui som|editor=Via Catalana}}</ref> A cadea seguiu o trazado da antiga [[Vía Augusta]], dende [[Le Perthus|Pertús]] (Vallespir) ata [[Alcanar]] (Montsià). Segundo [[Carme Forcadell i Lluís|Carme Forcadell]], presidenta da ANC, foi «un símbolo, o símbolo da unidade do pobo catalá para acadar a soberanía nacional».<ref name="arajuny">{{cita publicación periódica |url=http://www.ara.cat/politica/Cadena_humana-ANC-Catalunya_0_940706169.html|título=De la Jonquera a Alcanar: 400 km de 'Via Catalana' cap a l'estat independent|editor=Ara|data=19 de xuño de 2013}}</ref>
 
En total, 1.600.000 manifestantes participaron na vía catalana, 500.000 dos cales nas rúas da cidade de Barcelona, segundo o [[Departamento do Interior da [[Generalitat de Cataluña]].<ref>{{Cita publicación peródica|título=La Via Catalana, minut a minut|publicación=Ara|data=11 de setembro de 2013|url=http://www.ara.cat//politica/diada-onze_de_setembre-via_catalana-independencia_12_991220869.html}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|editorial=AP|título=More than 1 million Catalans form human chain to promote their bid to break away from Spain|publicación=The Washington Post|url=http://www.washingtonpost.com/world/europe/catalans-in-favor-of-breaking-away-from-spain-form-huge-human-chain-to-advertise-their-cause/2013/09/11/0ce45f06-1afa-11e3-80ac-96205cacb45a_story.html|dataacceso=13 de setembro de 2013|data=11 de setembro 2013|lingua=inglés}}</ref>
 
A cadea humana comezou ás 17:14 horas do mércores 11 de setembo cun repenique de campás, e despois houbo un acto político simultáneo nas diversas localidades catalanas ata as 18:00h, cando se cantou ''[[Els Segadors]]''.<ref>{{Cita web|url=http://www.europapress.cat/politica/noticia-via-catalana-arrencara-amb-repicament-campanes-acabara-amb-acte-politic-20130904175325.html|título=La 'Via Catalana' arrencarà amb un repicament de campanes i acabarà amb un acte polític|editor=Europa Press|data=4 de setembro de 2013}}</ref> En total, a organización mobilizou 1.500 autocares e 30.000 voluntarios.<ref>{{Cita publicación periódica|apelido=Xuriach|nome=Roger|título=La independencia está en sus manos|publicación=Público|data=18 de agosto de 2013|url=http://www.publico.es/463170/la-independencia-esta-en-sus-manos|lingua=castelán}}</ref> Contratáronse máis de vinte medios aéreos para documentar o acto e máis de 800 fotógrafos voluntarios inmortalizaron o acto.<ref name="wsj"/> Ademais, vendéronse máis de 500.000 camisolas oficiais da ANC por toda a vía.<ref>{{Cita web |título=Llargues cues al centre de Barcelona per a adquirir la samarreta de la Via Catalana|publicación=Vila web|data=9 de setembro de 2013|url=http://www.vilaweb.cat/noticia/4142821/20130909/llargues-cues-centre-barcelona-aconseguir-samarreta-via-catalana.html|lingua=castelán}}</ref>